Logotipo de TADEGa.net




Artigos do tema ‘Axenda’

Congreso Nacional de Dislexia

Edición: 2 de Abril de 2008 por Felo.

Logotipo de 'DSFAM'. [D-418]

E xa van pola IV edición, a se celebrar en Palma de Mallorca entre o 7 e o 9 novembro… tendo como obxectivo principal dar a coñecer o trastorno da dislexia e buscar solucións aos problemas que se nos presentan día a día, dende todos os ámbitos: familiar, educativo, sanitario e social. Animádevos que paga a pena.

Enlaces de interese

  1. Ligazón á web de DISFAM: www.disfam.net/congreso
  2. Ligazón á imaxe do custo do billete con Air Berlín: tadega.net/Bitacora

Congreso sobre trastorno da atención

Edición: 12 de Febreiro de 2008 por Felo.

Tríptico TDA[D-329]

Organizadas conxuntamente polo Grupo ALBOR e a Fundación para la Promoción de la Calidad de Vida CALVIDA , atopamos istas xornadas sobre trastornos de atención adicadas aos Avances na Detección, Identificación, Prevención e Intervención multimodais con Nenos, Adolescentes e Adultos con Trastornos por Déficit de Atención con ou sen Hiperactividade:

‘HIPERACTIVOS’ e ‘INATENTOS’: algo mais que simples ’subtipos’

Realizaranse dúas Xornadas, unha en Bilbao os días 1 e 2 de marzo e outra en Madrid do 24 ao 26 de outubro.

Ligazón con mais informacion sobre as Xornadas
Ligazón ao tríptico en pdf da xornada de Madrid

Congreso Internacional de Orientación

Edición: 2 de Febreiro de 2008 por susana blanco.

Orientación Educativa. Alegoría dun pensamento enmarañado que precisa clarificación.Durante os días 21, 22 e 23 de novembro de 2007 tivo lugar na Universitat Jaume I de Castellón (España) o Congreso Internacional de Orientación Educativa e Profesional.

O congreso organizouse coa intención de dar a coñecer experiencias renovadoras e innovadoras en materia educativa e de permitir aos estudiantes e aos profesionais que traballan en educación e orientación compartir coñecementos e intercambiar experiencias.

Na súa páxina ides atopar os relatorios do ano 2006 e 2007, e quero resaltar nesta última o artigo BARREIRAS E AXUDAS Á INCLUSIÓN: A HISTORIA DE VIDA DE GEMA desenvolto por Carmen Gallego Vega e Anabel Moriña Díez.

Abrangue unha investigación realizada co propósito de describir, analizar e valorar as fases e impacto do proceso de exclusión en colectivos de mozos en situación de desigualdade (pertencentes a culturas minoritarias, desigualdades de xénero ou mozos con discapacidade. O traballo recolle parte da vida dun destos xoves e reflexiona sobre as barreiras e axudas que puideron obstaculizar ou facilitar a vida persoal, educativa e profesional de Gema.

Para máis información, enlace á revista QuadernsDigitals.

Obradoiros de accesibilidade web

Edición: 30 de Xaneiro de 2008 por Felo.

Obradoiro. Unha explosión de ideas.[D-314]

Porqué e para que

¿Obradoiros de accesibilidade básica de contidos web?

Nestes tempos asistimos —afortunadamente é moito máis que unha moda— a que moitas asociacións, docentes, pais e alumnos, teñan os seus propios cadernos de bitácora nos que publican case a diario os seus debates, opinións e descubrimentos. É a explosión da parte máis visible da web 2.0 da que tanto se fala. O caso é que a accesibilidade web destes espazos deixa moito que desexar dende o momento en que os temas ou esqueletos destas bitácoras non siguen totalmente os estándares da accesibilidade da W3C-WAI (www.w3.org) (moitos deles nin de lonxe) e, ademais, a maior parte dos seus autores descoñecen estes estándares e, polo tanto, non os trasladan aos contidos que publican (artigos e comentarios).

Conscientes desta carencia, TADEGa ven de organizar unha serie de obradoiros de accesibilidade básica de contidos web pensados (non para re-deseñar os temas, que é asunto moito máis complexo que xa abordaremos máis adiante dende outra perspectiva), senón algo máis básico e sinxelo, para que quen suba e redacte contidos para as súas bitácoras, que estes contidos sexan plenamente accesibles. Nesta preparación dos obradoiros, atopámonos coa sorpresa de que en poucos días moita xente nos pediu poder participar neles e houbo que desdobrar convocatorias, lugares e datas. Así que, por se alguén quedou atrás, aquí vai o programa provisional.

Cando e onde

Talleres de accesibilidade básica de contidos web

Nota: os enderezos electrónicos que se amosan nesta listaxe están descompostos engadindo espazos en branco a fin de evitar o correo lixo.

Taller Nº 1
  • Lugar: Santiago de Compostela (CRA de Teo).
  • Coordina: Susana Viqueira Cobas (SuViCo @ edu.xunta.es).
  • Datas: sábado, 16 de febreiro (9 a 14 horas).
  • Asistentes:
    • Susana Viqueira Cobas.
    • Belén Gómez Flores.
    • Uxía Acuña Abalde.
    • Ramón Xosé Rodríguez Orol.
    • Rosa María Garrido Feijoo.
    • María Begoña Salgado Bispo.
    • Manuel Ángel Masaguer Rodríguez.
Taller Nº 2
  • MATRÍCULA PECHADA POR SOBREPASAR OS LÍMITES DO AFORO.
  • Lugar: Pontevedra (CFR de Pontevedra) - Centro de Formación e Recursos de Pontevedra (Rúa Celso Emilio Ferreiro).
  • Coordina: María Belén Junquera Méndez (BelenJunquera @ gmail.com).
  • Datas: sábado, 23 de febreiro (9 a 14 horas).
  • Asistentes:
    • Ana Belén Domínguez Besada.
    • María Belén Junquera Méndez.
    • Abraham Ignacio Domínguez Cuña.
    • Ánxeles Rivela Machado.
    • María Luz Besada Pérez.
    • Nuria Fernández Fariñas.
    • Inés Casal Barreiro.
    • Cristina Campos Pérez.
    • Xose Antón Vicente.
    • Silvia Iglesias Lago.
    • José Antonio Otero Piñeiro.
    • Alexandre Cortés Ayaso.
    • Begoña Otero.
    • Mª Carmen Rodríguez Montegrifo.
    • Natividad Bouzas Carneiro.
    • Francisco César Díaz.
    • Iago José Corral López.
    • María Areán Fernández
    • David Romero Queiruga.
    • Silvia Fernández Kraemer.
    • Laura Montenegro Fernández.
    • Carmen Paz López.
    • Vicente Sánchez Martín.
    • Elda Álvarez Rivera.
    • Raquel Padín Sampedro.
    • José Manuel Portela Paredes.
Taller Nº 3
  • Lugar: A Coruña (CEE de Xordos ‘Nosa Sra. do Rosario’).
  • Coordina: María Mercedes Varea Cascallar (Mercedes.Varea @ edu.xunta.es).
  • Datas: sábado 1 de marzo (pendente de confirmar). (9 a 14 horas).
  • Asistentes:
    • Feliciano José Couto Escanciano.
    • José Leonardo Fariña García.
    • Ánxeles Rozas Méndez.
    • Mar Vaamonde García.
    • María Mercedes Varea Cascallar.
    • Antonio Ovidio Carreira Montes.
    • Julio César Labandeira Sanchéz.
    • María Dans Sampedro.
    • Daniel Emilio García Sánchez.
    • María Isabel Regueiro Fuentes.
    • Susana Marina Blanco Baluja.
    • Xulia Balseiro Rodríguez.
    • Eva Rosa Uceira Rey.
Taller Nº 4
  • Lugar: A Coruña (’CEIP Ponte dos Brozos’).
  • Coordina: Fernando Moreno González (FMoreno @ edu.xunta.es).
  • Datas: 5 e 7 de marzo (mércores e venres) dende as 16:30h. ata as 19:30h.
  • Asistentes:
    • José Carlos Casales Regueiro.
    • Ana Álvarez Fontenla.
    • Ramón Segade Vilela.
    • Fernando Moreno González.
    • Carmen Fernández Rodríguez.
    • Aurora Jove Maceiras.
    • Mónica Rodríguez Martínez.
    • María Coronado Santiago.
    • Silvia María López Roibal.
    • Raquel María Julián Molina.
    • Elena Natividad Gómez Álvarez.
    • José Luis González Fernández.
    • Javier Díaz López.
    • Laura Rosato Carballido.
    • Rosa María García Suárez.
    • María Amelia Seoane Rey.
    • Agapito Muñiz Llanos.
    • Ana Esperanza Villar Romarís.
    • Eladio Ramón Suarez Debén.
    • María Isabel Pardo Regueiro.
    • Luis Javier Ramos Asensio.
    • María José García Pita.
Taller Nº 5
  • Lugar: Lugo (Centro por determinar).
  • Coordina: María Luz López Díaz (Luluxa @ biof.es).
  • Datas: (Pendente de confirmar).
  • Asistentes:
    • María Luz López Díaz.
    • (Outros pendentes de confirmar).
Datos xerais para os obradoiros
  • Entregarase certificación de asistencia pero sen acreditación oficial de horas.
  • Inscrición libre e gratuíta condicionada á solicitude previa e ao aforo limitado de prazas do local.
  • Quen estando anotado a un taller queira reforzar asistindo a outro, deberá notificalo ao coordinador.
  • Relator: Juan José Fernández García (jufega @ edu.xunta.es), co-deseñador da web de TADEGa.net
  • Por favor sede puntuais. Tede en conta que son poucas horas para moita materia e lle queremos dar un enfoque principalmente práctico.

Gustaríanos saber cal é a vosa opinión sobre a opción de convocar máis adiante uns obradoiros prácticos sobre accesibilidade web e iniciación á usabilidade, pero máis a fondo e completos (posiblemente de varios días de duración). Xa que, de haber suficientes persoas interesadas, poderíamos preparalo. Se alguén máis quere apuntarse, aínda quedan prazas.

Congreso TecnoNEEt 2008

Edición: 29 de Xaneiro de 2008 por Juan.

Logotipo do Congreso ‘TecnoNEEt 2008′.[D-312]

Unha magnífica noticia

Como xa recollen nos seus respectivos cadernos de bitácora de Javier Soto, Domingo Méndez ou Celestino Arteta, TADEGa súmase cargada de ilusión ao lanzamento do V Congreso Nacional de Tecnoloxía Educativa e Atención á Diversidade (TecnoNEEt) e que este ano conflúe coas III Xornadas Nacionais de Logopedia Dixital.

Baixo o lema A igualdade de oportunidades no mundo dixital, o Congreso celebrarase no Campus da Muralla do Mar da Universidade Politécnica de Cartaxena (Cartaxena, Murcia, España), os días 18, 19 e 20 de setembro de 2008.

Trátase, sen ningunha dúbida, dunha cita imprescindible para todos aqueles que traballan no ámbito das TIC e a diversidade, do obradoiro de encontro e discusión para profesionais, usuarios e familias e que, xa na súa anterior edición (2006), congregou a máis de 600 profesionais de España e América Latina. E permitídenos un apunte final algo doce: foi precisamente o congreso que facilitou as vimbias para o nacemento de TADEGa, pois os galegos que alí estabamos, sentimos que xa era hora de que a nosa terra tamén tivese o seu referente no mundo das TIC para a Atención á Diversidade.

É unha cita obrigada como ben din estes compañeiros. Alí estaremos e alí esperámosvos.

Áreas temáticas

Vede aquí unha escolma das súas áreas temáticas para facervos unha idea das calidades postas en marcha desde este magnífico congreso:

  • Contorna educativa
    • Tecnoloxías para o desenvolvemento das competencias básicas.
    • Tecnoloxías para a estimulación multisensorial.
    • Tecnoloxías para a rehabilitación/habilitación da linguaxe.
    • Tecnoloxías para a Comunicación Aumentativa.
    • Tecnoloxías para as necesidades educativas especiais.
    • Tecnoloxías para o alumnado con altas capacidades intelectuais.
  • Contorna asistencial, laboral e de lecer
    • Tecnoloxías para a vida independente: domótica, robótica e teleasistencia.
    • Tecnoloxías para a inserción laboral.
    • Tecnoloxías para o lecer e o tempo libre.
  • Contorna profesional
    • Interacción da persoa coa tecnoloxía.
    • Tecnoloxías e protocolos para a avaliación funcional da persoa.
    • Integración curricular das TIC.
    • Investigación, innovación e formación en tecnoloxías de apoio.
    • Contornas virtuais de ensino e aprendizaxe.
    • Redes sociais en internet sobre tecnoloxías de apoio.
  • Marco teórico e institucional
    • Accesibilidade universal, deseño para todos, e igualdade de oportunidades.
    • Políticas educativas sobre tecnoloxía e atención á diversidade.
    • Novos paradigmas e tecnoloxías emerxentes.

Non vos esquezades; é unha cita imprescindible:
http://congreso.tecnoneet.org/