Logotipo de TADEGa.net




Artigos do tema ‘Accesibilidade’

TADEGA nas Xornadas de infantil

Edición: 13 de Maio de 2008 por Felo.

Foron organizadas pola ASPG no IES Fontiñas de Santiago, e pensouse que mellor que un grande relatorio, sería mais cercano que varias persoas fixeran un repaso das diversas actuacións que se levan a cabo, ahí vai a presentación:
[D-454]

Notas para a accesibilidade web (VII)

Edición: 25 de Abril de 2008 por Juan.

Documentarse sobre a accesibilidade

Alegoría do enlace correcto (dúas mans enlazadas pintadas co mapa mundi).[D-416-1]

(Artigo en construcción, disculpade as molestias)

Todo traballo que se aprecie como tal, debería conter unha serie de referencias a outros traballos nos que a persoa interesada poida ampliar, mellorar ou contrastar o material que se lle está a expor. Tratándose de accesibilidade web, sería pois necesario que nós tamén indicásemos diferentes referencias, ben sexa bibliográficas, ben sexa de sitios de Internet no que poder ampliar e contrastar a información que damos. Así pois, hoxe será o que imos facer:

Notas para a accesibilidade web (VI)

Edición: 18 de Abril de 2008 por Juan.

Ser accesible non é o mesmo que certificarse

Imaxe alegórica dos cartos en euros costa arriba.[D-437]

Dende o comezo da vida de TADEGa, estivemos a traballar duro porque as nosas páxinas web (as centrais, as da bitácora, as do foro, e demais) foran o máis accesible posible. Non o facíamos para agradar nin para presumir. Sinxelamente é de seu que sexa así (máxime á vista dos obxectivos da asociación). Cremos que fixemos un bo traballo, e cremos tamén que aínda nos queda moito por arranxar.

Cando chegamos a un certo nivel no que xa había capacidade para poder dicir publicamente que algúns destes módulos xa eran accesibles conforme ao nivel doble A ou incluso (nalgúns casos) ao nivel triplo A das directrices de accesibilidade para o contido da Web 1.0 do W3C-AI, comezamos a traballar nun doble obxectivo:

  • Atrevernos, coa experiencia acadada, a ofrecela a outros para asesoralos en accesibilidade web. Por exemplo, por ter acadado o premio en accesibilidade do consorcio EGANET no 2007, é posible que na convocatoria deste ano poidamos formar parte do xurado desta modalidade.
  • Acadar a certificación de accesibilidade correspondente, tal e como a normativa legal vixente pide, especialmente, cando os sitios de internet teñen un carácter educativo, sanitario ou de servizos sociais (*). Incluso, aínda deixando o mandato legal a un lado: Como poderiamos esixir ou reclamar a alguén externo a nós que sexa accesible se nós mesmos non nos certificamos como tales?

Pois aí comeza o problema e a causa do artigo de hoxe: Quere vostede certificar a súa web? Non se preocupe, en España hai dúas opcións ata o de agora:

  • Opción A. Cita literal tomada da súa web: AENOR es una entidad sin ánimo de lucro dedicada al desarrollo de la normalización y la certificación (N+C) en todos los sectores industriales y de servicios. e máis adiante di: Internet es para todos.
  • Opción B. Cita literal tomada da súa web: Technosite, empresa especializada en tecnología y discapacidad de Fundación ONCE, ha certificado la accesibilidad de más de 50 sitios web en base a las Pautas de Accesibilidad al Contenido en la Web 1.0 (WCAG 1.0) del W3C/WAI. e máis adiante indica: Fruto de UWEM, en 2007 nace Euracert, marca europea de certificación de sitios web accesibles, convirtiendo a Technosite en la única organización española que expide este certificado de reconocimiento internacional.

Faranos falla un Robin Hood ou un Curro Jiménez? (**)

Pois tanto ten que sexa unha entidade sen ánimo de lucro como unha empresa especializada, a ambas lles pedimos un presuposto para certificarnos co resultado de que (incluíndo o IVE) por certificarnos achégannos presupostos que exceden, e bastante, do antigo millón de pesetas (6.000 euros) e para iso ¿só no nivel doble A e non da triplo A, e cunha certificación de só 2 anos de duración (xa que se inclúen revisións periódicas que deben ser pagadas). Podemos como asociación sen ánimo de lucro asumilo? Nin en soños. Ao mellor se fósemos un banco…

É certo que recentemente a Resolución de 22 de febreiro de 2008 (BOE número 71, de 22 de marzo de 2008), polo que se publica o convenio marco entre o antigo Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais (hoxe Ministerio de Traballo e Inmigración) e a Fundación ONCE se podería acceder a unha subvención parcial para certificarse, aínda así, estableceuse como criterio xeral que o importe subvencionable sería de dúas terceiras partes do total polo que, a entidade solicitante, debería achegar o terzo restante, hoxe imposible para nós, e que ademais, debemos ter en conta que que só subvencionarían certos proxecto escollidos xa que o orzamento non dá para todas as solicitudes.

Non sacamos conclusións, facédeo vós mesmo ¿Certificarse en accesibilidade web é so cousa a/de/entre/para ricos?

Citas e notas

  • [*] Real Decreto 1494/2007, de 12 de novembro, polo que se aproba o Regulamento sobre as condicións básicas para o acceso das persoas con discapacidade ás tecnoloxías, produtos e servizos relacionados coa sociedade da información e medios de comunicación social, BOE do 21 de novembro de 2007.
  • [**] O título non pretende ser unha incitación á rebelión violenta nin nada polo estilo (un síntese obrigado a facer aclaracións estúpidas porque sempre pode haber alguén algo retorcido) senón unha incitación á reflexión da situación inxusta e sen saída que se está a xerar coas certificacións: doadas para ricos e imposibles para os outros.
  • Imaxe libre tomada do sitio web: www.freepixels.com
  • Como ven sendo habitual nos artigos desta serie, aquí tedes este artigo en español: www.opentrad.org/tradurl.php…

Notas para a accesibilidade web (V)

Edición: 11 de Abril de 2008 por Juan.

O ‘ABC’ da accesibilidade web

‘Palabras ao vento’: a frol dun ‘dente de león’ cando sopramos sobre ela.[D-434-1]

Nesta longa tempada na que ando a falar de accesibilidade web deixando sementes, avisos, ou mesmo un par de incómodas preguntas nalgunha bitácora, atópome con caras raras, de asombro, de xente que parece dicir E como é iso? Eu non sabía nada. E parece difícil: paga a pena? Estas preguntas nun faladoiro de café non nos deberan estrañar ata certo punto, porque ata o que crava puntas (que me desculpe polo atrevemento de citalo así) capta sen dificultade o propósito dun signo braille nos botóns do ascensor ou o da rampla de acceso dun portal e, mire vostede, lles parece estupendo, polo que non se asombran moito cando se razoa que o mesmo coidado precisa o uso da palabra física ou virtual (iso é o de menos).

O que me deixa algo abraiado é que estas preguntas chas fagan dende a propia Educación, dende o profesorado supostamente máis avantaxado e posto ao día. E aí esnaquízome.

No fondo, que é a accesibilidade web?

Un muro branco de espuma non pode co verdor dun vello tronco.[D-434-2]

Todo isto ven a que sempre remato estas pescudas caendo na conta de que, no fondo, non entendemos de verdade o que é a accesibilidade web. Vémola como a incómoda imposición virtual da ética, que bate contra liberdade de expresión porque coarta a nosa expresividade pública, etc., etc., etc.

O difícil está en explicar axeitadamente (facéndose entender) que a accesibilidade web non é nada diso, é outra cousa diferente e fundamental que reside mesmo no medula da docencia. Non sabía como explicalo (son así de torpe) ata que lembrei unhas palabras de Lázaro Carreter que traio aquí de xeito literal para non contaminalas (por aquelo de que onde hai patrón non manda mariñeiro):

Hablar, responder bien, es hacerlo juiciosamente, meditando lo que se dice, sin caer, claro, en el extremo de la apremiosidad. Nos falta por completo una pedagogía generalizada de la expresión oral pública. Todo educador francés recibe al obtener su título un memorándum ministerial en el que se contiene, entre otras muchas, la siguiente advertencia: Hablar bien no es hablar con elocuencia, ni siquiera con facilidad. De ordinario, el que habla fácilmente tiene pocas cosas que decir. Es que su pensamiento no le ofrece resistencia y lo viste con trajes confeccionados. Hablar bien no es hablar con fluidez sino hablar con precisión. Puede titubearse cuando el titubeo obedece al deseo de ser fiel a los hechos y a las ideas. Habla bien […] el que actúa como árbitro entre su pensamiento y su expresión. Hay que habituar a nuestros alumnos, cuando hablan, a ser severos consigo mismos, a dudar, a tantear, en lugar de decir cualquier cosa.

Grazas mestre, grazas D. Lázaro.

Non creo que os listiños da clase deberan tardar moito en razoar que, o dito para a expresión oral pública haberá que facelo extensivo á expresión dixital pública, onde a palabra non é a única forma a arbitrar xa que tamén temos inxentes e renovados medios multimedia que entran nesa regulación, que non só se prestan a fiar o discurso, senón que tamén moldean o seu entramado e ata parte das regras de xogo. E por favor, non o esquezamos nunca: expresión dixital pública significa que é PARA TODAS E TODOS incluíndo tamén as persoas con discapacidade ou as que teñen un computador antigo e lento, etc., etc., etc.

Como dixo o da canción No estaré ni un sólo día cansado de soñar…

Citas e anotacións

  • As imaxes deste artigo (o dente de león esparexendo a súa semente ao aire, e o muro branco abaténdose sobre o cepo verde) proveñen da bitácora mimesis.perublogs.com a que lle agradecemos a súa xentileza.
  • A cita de Lázaro Carreter provén do libro: ‘El dardo en la palabra’ de Fernando Lázaro Carreter da editorial ‘Galaxia Gutenberg’, 4ª edición, Barcelona, 1999.
  • Como ven sendo habitual nos artigos desta serie, aquí tedes este artigo en español: www.opentrad.org/tradurl.php… Aviso, ao haber citas literais en español no propio artigo, e ao ser a tradución deste enlace feita por unha máquina, o resultado pode resultar algo confuso. Invitamos dende aquí a unha lectura directa do orixinal que non custará moito traballo. Graciñas e desculpade as molestias.

Notas para a accesibilidade web (IV)

Edición: 4 de Abril de 2008 por Juan.

O arte de enlazar páxinas

Alegoría do enlace correcto (dúas mans enlazadas pintadas co mapa mundi).[D-416-1]

Nota: a xente gusta dos decálogos, e eu, ala! para seres diferente, irei por ducias. (Non vos asustedes que ao longo do artigo comprenderedes o xogo iste).

Se hai algo que caracteriza a Internet é ista cousa de poder viaxar, perdón, navegar dunha páxina a outra grazas aos enlaces* que hai nelas indo dun sitio para outro con vento en popa. Pero (sempre aparece algún pero) non somos tan bos grumetes como creemos e, ás veces, poderían chamarnos malos náufragos.

Non nos decatamos de que un mal deseño pode frustrar a navegación de moitos usuarios: por ter algunha discapacidade, pola súa inexperiencia, pola saturación do seu ancho de banda, ou porque (e isto é o terrible) o deseñamos tan mal que nin nós mesmos somos quen de saír do disparate. Así que hoxe toca pórse as pilas e repasar istas cousas que parecen evidentes pero que na práctica non o son tanto, ou que as temos desatendidas. Imos aló.

Alegoría da navegación coa foto dunha barca.[D-416-2]

Sobre cómo redactar e colocar os enlaces

O que nunca deberiamos facer

Todo o mundo cree que colocar istes enlaces é moi doado porque se poden colocar de calquera xeito, a esgallo e, como auténticos elefantes nunha cacharrería, esnaquizamos toda posibilidade de que o noso material poida ser accesible. Imaxina por un momento que tes os ollos vendados e que unha voz metálica vai ler para ti os seguintes enlaces dunha páxina de Internet nun ordenador que non ten rato e tes que gobernar co teclado:

  1. Pincha aquí para escoitar as noticias e, aquí para voltar á páxina principal.
  2. Fai clic co rato no botón azul para ver a nosa opinión.
  3. Pincha neste botón ou neste outro para ir á noticia.
  4. Pincha no número impar dun só díxito que ten raíz cadrada exacta.
  5. Cliquea na noticia sobre o desastre acontecido no día de onte no que morreron 89 persoas de accidente de tráfico por mor do mal estado do tráfico desta pasada fin de semana para ler a noticia.
  6. Temos varias sorpresas para ti.
  7. Cando o enlace se poña amarelo fai clic sobre el para darche unha pista do problema.
  8. Se non ves o noso menú de navegación, tes que instalar iste programa.
  9. Percorre toda a nosa web para acceder aos nosos enlaces.
  10. Fai clic na pelota saltarina para acceder ao noso menú.
  11. Alumn@s e profesor@s saúdanche nesta páxina.
  12. Dispós de 3 segundos para acceder á seguinte listaxe.

O que sempre debemos facer

¿Conclusións? É doado chegar a elas aquí as indicamos e engadimos algunhas máis:

  1. Para garantir a accesibilidade:
    1. Non pode haber varios enlaces con texto diferente para ir a mesma páxina.
    2. Non pode haber varios enlaces con texto igual para ir a páxinas diferentes.
    3. Non se pode usar a cor para discriminar uns enlaces doutros.
    4. Non pode haber dous enlaces consecutivos sen alomenos un carácter imprimible que os separe.
    5. Non se pode condicionar o funcionamento dos enlaces á preinstalación de programas adicionais.
    6. O enlace debe abrirse na mesma fiestra e non noutra. En caso contrario (desaconsellable) débese advertir.
    7. Comprobar antes de editar que todos os enlaces funcionan correctamente.
    8. Os enlaces ás partes máis significativas para axudar á navegación deben poder activarse con atallos de teclado.
    9. Verificar a ortografía de todo o texto, tamén do texto do enlace para unha correcta lectura automática.
    10. Evitar cousas como alumn@s impronunciables por un axente automático.
    11. Revise a sintaxe HTML para que sexa correctamente recoñecido por calquera axente automático.
    12. As cores e os brilos dos enlaces deben seguir uns mínimos para ser diferenciados. Non uses pestanexos.
  2. Para acadar usabilidade:
    1. Ni moitos nin poucos enlaces: só o que poder ser de utilidade e non o que che gustaría a ti.
    2. Débese redactar o artigo de xeito que os enlaces non entorpezan a lectura.
    3. Elixir textos: significativos, sinxelos e curtos para os textos dos enlaces.
    4. O lector debe coñecer a información á que vai acceder antes de saltar, así decidirá con liberdade.
    5. Os enlaces modifican a énfase da frase: evite distraer a atención.
    6. Sempre o mesmo estilo en toda a páxina e en toda a web (cores, deseños e aparencias dos enlaces).
    7. Non tomes decisións por ninguén, o usuario é quen debe decidir, dalle a información axeitada.
    8. É interesante xuntar os enlaces ao final do artigo (equivalente ás notas a pé de páxina).
    9. Se usas texto explicativo no lugar do enderezo como texto de enlace, non se vería impreso.
    10. Non atrapes ao usuario na túa web, estás para servir, non para ser admirado.
    11. Cando o enlace é a un documento que non é unha paxina web, senón outro formato, débelo advertir.
    12. Non é importante diferenciar que enlaces visitou e cales non. O que lle importa a el e se os lembra ou non.

Alegoría da fontanería das páxinas de internet, todos ises incómodos códigos.[D-416-3]

Sobre como é a fontanería dun enlace web

Xa sei que, chegado aquí, moitos tiran para atrás, por aquelo de que andar coa fontanería HTML para acadar unha correcta redacción dun enlace pode ser demasiado para o corpo. O normal é que os actuais editores de páxinas web e o das plataformas para servidores de contidos como as bitácoras, nos piden os datos necesarios e saben compoñer unha redacción correcta, pero non sempre é así, especialmente en cousas que se lles escapan a todos, como por exemplo cando a páxina á que se enlaza está escrita noutro idioma (cousa que debe ser advertida dende a nosa) e delicadezas semellantes que nos poden parecer iso, delicadezas, cando na realidade poden ser feitos fundamentais para certo tipo de usuarios. Así pois imos aló:

Un exemplo do código

Páxina web deste famoso congreso: <a href="http://congreso.tecnoneet.org" hreflang="es" lang="es" xml:lang= "es" title="Enlace a páxina web do congreso Tecnoneet.">congreso.tecnoneet.org</a>

Como se vería ise código

Páxina web deste famoso congreso: congreso.tecnoneet.org

Análise do exemplo anterior

  1. Páxina web deste famoso congreso:
    É a parte anunciadora do enlace: concisa, sinxela, directa, breve…
  2. <a href="http://congreso.tecnoneet.org"
    Comeza o código do enlace propiamente dito co enderezo.
  3. hreflang="es" lang="es" xml:lang= "es"
    Aquí anotamos cal é o código do idioma no que está escrita a páxina á que estamos facendo o enlace. Elemento imprescindible sempre que o noso idioma sexa distinto do idioma ao que apuntamos(**).
  4. title="Enlace a páxina web do congreso Tecnoneet."
    Mediante esta etiqueta explicamos brevemente ás visitas a qué páxina estamos enlazando. Elemento imprescindible.
  5. >congreso.tecnoneet.org</a>
    O texto aí pechado será o texto visible do noso enlace e o que aparecerá escrito se a visita imprime a páxina.

Epílogo

Se vos fixades, isto non é unha complexa e estrana compoñenda química de estranos procedementos. É xusto o contrario, seguir ao menos común de todos os sentidos: o sentido común.

Nalgún sitio vin escrito algo así como Sería imposible vivir lembrando todo canto nos acontece na vida. A habilidade está en elixir axeitadamente o que debemos esquecer. Non esquezamos aos de sempre, fagamos disto algo lúcido non engadindo anos á vida, senón vida aos anos.

Graciñas por aguantar a iste chumbo de Juan.

Enlaces e materiais de interese

Alfabetización dixital

Edición: 1 de Abril de 2008 por Felo.

Claqueta Pasmao. [D-415]

Alfabetización dixital para todas e todos

A fenda dixital é unha fenda social, polo que é necesario realizar labores de alfabetización dixital, que se converte na clave do desenvolvemento da Sociedade da Información e do Coñecemento. Os medios audiovisuais permiten pola súa cercanía atraer a atención do futuro usuario das TIC e achegarlle eses elementos descoñecidos para el dun xeito ameno.

Todo medio audiovisual ten que ser accesible para todas as persoas con discapacidade, iso significa que os vídeos irán subtitulados e audio-descritos para que as persoas con discapacidade sonora ou visual non teñan unha fenda engadida, toda labor de inclusión ten que ser totalmente inclusiva.

Isto é algo novo e posiblemente atractivo pois a forma na que comunicamos (ou pretendemos facelo) algo tan arduo como é a sinatura dixital, permite ás persoas cegas manexarse utilizando o teclado e JAWS e os subtítulos en cores para xordos.

Trátase dunha escolma de vídeos que realizamos, mediante escenificacións de situacións cotiás que resolven de forma sinxela e amena aquelas dúbidas e inquietudes que se poden ter en relación coa sinatura electrónica e as avantaxes que o seu uso pode proporcionar, achegando desta forma as novas tecnoloxías ao cidadán nunha forma habitual para el, a televisión e máis en concreto a telecomedia. Dito sistema multimedia (pois inclúe ademais simulacións dos problemas máis habituais que se poden atopar) está subtitulado e audiodescrito para permitir o seu acceso a persoas con discapacidade auditiva ou visual.

O proxecto foi apoiado polo Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, a Secretaría de Estado de Telecomunicacións e para a Sociedade da Información e a Dirección Xeral para o desenvolvemento da Sociedade da Información dentro do Plan Avanza na súa Convocatoria de axudas para a realización de actuacións que favorezan a inclusión de persoas con discapacidade e persoas maiores na sociedade da información, participando no financiamento as axudas concedidas pola Unión Europea a través do Fondo Social Europeo.

Orixe

Colaboración que agradecemos de Ángel García Crespo (www.pasmao.tv).