Logotipo de TADEGa.net




Imprimir páxina (Nº 2).

¿Qué é isto?

Logo: o nacemento de TADEGa e a súa bitácora[D]

Os cadernos de bitácora (tamén chamados blogs polos que gostan da tecnoloxía e o inglés e de revestirse con eles) son sitios web onde autoras e autores editan noticias e contidos salientables e persoais de xeito cotiá coa idea de compartilos coa comunidade e para ser comentados entre todos… É un xeito de manifestar o que un é ao longo do acontecer diario.

Esta bitácora adícase a reflectir a vida de TADEGa.net e, polo tanto, da comunidade de profesionais da educación que a integran especialmente preocupados pola atencións á diversidade no seu máis amplo senso; isto é: as necesidades educativas especiais, o mundo do maior, o mundo rural, a multiculturalidade, a sobredotación, a marxinalidade social, e todo un longo etcétera que abrangue a todas as persoas que, os que se cren normais chaman diferentes, (aínda que na realidade tal distinción é absurda e discriminatoria).

As nosas opinións son, iso, opinións persoais dos membros de TADEGa máis todos os comentarios e opinións que os visitantes queirades deixarnos. Polo tanto nunca nunca han ser sentencias inapelables. Aquí todos estamos a medrar e aprender ¿Non si?

Preferiblemente —non exclusivamente— en galego porque somos un grupo galego preocupado pola Educación e o Ensino en Galicia.

No teu peto

Xa non tes excusa. Se queres, podes levarnos a todas partes, no teu móbil, na túa PDA. Para iso podes ir a este enderezo e adaptar e descargar o noso widget no seguinte enlace: www.widgetbox.com

Aquí todos somos benvidos; sen exclusións.