Logotipo de TADEGa.net




Artigos do mes de Novembro de 2008

AbleTech

Edición: 30 de Novembro de 2008 por Avespa con mantelo.

abletech [D-595]

Os días 10 e 11 de nadal, celébrase no BEC de Barakaldo (Bilbao), o I Congreso Internacional sobre Tecnoloxías para a Accesibilidade e de Apoio ás Persoas Dependentes: ableTech’08

Organizado por TECNALIA, pretende ser un foro no que expertos do ámbito internacional do sector intercambien as súas experiencias para aprender das boas prácticas doutros países.

Enlaces de interese

  1. Ligazón á web do Congreso: www.abletech.org
  2. Ligazón ao documento con informacion do evento: Documento pdf coa informacion

e-Asturias

Edición: 21 de Novembro de 2008 por Felo.

cpa [D-591]

Os nosos primos veñen de celebrar os seus Premios á Sociedade da Información 2008. Na categoría “Mejor Iniciativa para la reducción de la brecha digital”, os premiados foron os nosos compañeiros e amigos Daniel Muñoz e Rubén Velasco polo proxecto “Comunicador Personal Adaptable”.

Dende estas páxinas non queremos deixar de felicitalos e non so pola súa ferramenta, senón tamén pola súa amabilidade e amigabilidade a hora de enviar os cd’s, facilitar a instalación, etc etc. Noraboa. Eiquí tendes unhos amigos para o que precisedes.

Enlaces de interese

  1. Ligazón á web dos Premios: www.e-asturias.es
  2. Ligazón á web do Comunicador Personal Adaptable: www.comunicadorcpa.com

Cognitiva

Edición: 16 de Novembro de 2008 por Felo.

Pois como o prometido é debeda, ahí o vai un pequeno resumo do que Manuela de Fonos Salud veu a TADEGA a amosarnos da ferramenta “Cognitiva”; que aborda o proceso lectoescritor e trata a estimulación e a rehabilitación cognitiva desde a perspectiva neuropsicolóxica, tendo en conta os diversos sistemas funcionais que interveñen en ela.

[D-588]

Enlaces de interese

  1. Ligazón á web de cognitiva: www.cognitiva.es
  2. Ligazón á presentacion I de cognitiva: Presentación I
  3. Ligazón á presentacion I de cognitiva: Presentación II

Protección xurídica

Edición: 13 de Novembro de 2008 por mamiago.

Protección Xurídica das Persoas con Discapacidade desde a Perspectiva do Trastorno do Espectro Autista

O próximo día 14 de novembro, venres, as sete da tarde, organizado pola Fundación Tutelar Camiño do Miño, e a Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar terá lugar en Vigo un acto de entrada libre, sobre: A protección xurídica das persoas con discapacidade desde a perspectiva do trastorno do espectro autista. As imaxes correspondense co programa deste acto, que celebrarase na rúa Laxe 3, de Vigo.

cartel do programa
Programa continuación [D-583]

Dicionario visual interactivo.

Edición: 10 de Novembro de 2008 por Felo.

Dicionario. [D-581]

O Portal de Contidos da Conselleria de Educación (1), dentro dos novos recursos educativos engadidos, ven de anunciar unha ferramenta para a iniciación no uso da lingua galega do alumnado procedente do estranxeiro.

Con ela, podemos explorar distintos escenarios do contorno e localizar os termos mais comúns… autobús, rúa, sinal, etc.

Sen dúbida un moi bo recurso que poderedes aproveitar non so para o alumnado estranxeiro.

Enlaces de interese

Un conto.

Edición: 2 de Novembro de 2008 por mamiago.

Os deixamos este conto que espero que vos guste. As imaxes están sacadas do banco multimedia(1) e da páxina de Aumentativa.net(2), adaptadas para o conto. Os deixamos tamén un enlace ao conto en castelán(3).

(1)Enlace ao banco multimedia
(2)Enlace á páxina de Aumentativa.net
(3)Enlace ao conto en castelán