Logotipo de TADEGa.net




Artigos do mes de Setembro de 2008

I Congreso Internacional Autismo

Edición: 30 de Setembro de 2008 por Felo.

autismomurcia [D-543]

Os próximos días 17 e 18 de outubro de 2008 celébrase en Murcia (España), o I Congreso Internacional de Autismo, co obxectivo de constituírse en foro de encontro e discusión a profesionais, sanitarios, educativos e dos servizos sociais, e familias, que permita difundir e compartir os seus coñecementos, experiencias e investigacións sobre o alumnado con Trastornos do Espectro Autista. Neste marco, o noso compañeiro e profesor Manuel Gómez Villa, director do Centro de Educación Especial O Bo Pastor de Cieza, presidente de Divertic e coordinador do proxecto Aumentativa.net, impartirá un relatorio sobre Sistemas de Comunicación Aumentativa en nenos con autismo na que mostrará as posibilidades do sistema CAR como recurso e apoio á comunicación.

Enlaces que se citan

Web de Aumentativa
www.congresoautismo.es

Obradoiro EDI no V Tecnoneet: EDIGa

Edición: 29 de Setembro de 2008 por Felo.

No pasado V Congreso Tecnoneet, a nosa plataforma irmá EDIGA levou un obradoiro do “Emprego do Encerado Dixital Interactivo: a experiencia EDIGa”, a ausencia no último momento do compañeiro Abraham fixo que dúas fermosas tadeguianas deixaran o listón nunhos parámetros tan altos que tardaremos en ver… e todo isto no evento referente a nivel nacional no canto das TIC e á Diversidade se refire cunha inscricion de caseque 1000 asistentes.

TADEGa seguirá apoiando ao noso irmá no que precise, parabéns a EDIGA, grazas TECNONEET.

[D-542]

Enlaces relacionados

(1) Obradoiro “A Experiencia EDIGA”
(2) V Congreso TECNONEET
(3) Encerado Dixital Interactivo Galicia

Protocolo sanitario para pacientes con autismo

Edición: 28 de Setembro de 2008 por mamiago.

autismogalicia [D-541]

Existe un Protocolo Sanitario para a atención de persoas con trastornos do espectro autista, que ainda que pareza incrible, non é fácil de atopar. Está editado por Autismo Galicia (1) coa colaboración da Consellería de Sanidade, Servizo Galego de Saúde, e deixámolo aquí para que, na medida do posible de cada un, axudedes a difundilo entre as familias de persoas con este trastorno.

Enlaces que se citan

(1) http://www.autismogalicia.org
(2) http://www.scribd.com/doc/6061355/Protocolo-Sanitario-TEA

Stand galego no Tecnoneet

Edición: 26 de Setembro de 2008 por uxia.

Comenza a resaca do Tecnoneet, do que daremos cumprida conta de todo o que aconteceu alí creando unha páxina propia. Nela iremos poñendo as impresións, documentos, vídeos… do que alí vimos. Así que estade moi atentos ;) Como mostra ahí vai unha perla:

[D-539]

Enlaces que se citan

http://congreso.tecnoneet.org/
http://tadega.net/Bitacora/v-congreso-tecnoneet/

Aumentativa.net

Edición: 25 de Setembro de 2008 por Felo.

aumentativa [D-536-1]

Un regaliño para os nosos “marcianos” que tanto se acordaron de nós, de feito na clase estamos encantados co emprego da ferramenta que poñen á nosa disposición para traballar a comunicación. Temos que mellorar a realización dos vídeos, pero mirade de que xeito tan sinxelo podemos traballar frases e facer actividades Flash para traballar no ordenador.

Moitas grazas compañeiros, unha grande aperta.

[D-536-2]

Enlaces que se citan

Web de Aumentativa

Tifloinnova

Edición: 24 de Setembro de 2008 por Rosa-Tiflo.

tiflotecnoloxía [D-530]

Benvidos a TifloInnova 2008, o mellor escaparate do momento no que se mostrarán as últimas novidades, produtos e tendencias tecnolóxicas dispoñibles no mercado mundial, dirixidas ás persoas cegas e con discapacidade visual, organizada polo Centro de Investigación, Desenvolvemento e Aplicación Tiflotécnica (CIDAT) da ONCE.

Neste seu segunda edición, TifloInnova 2008 nace da inquietude de crear un punto de encontro dinámico entre desenvolvedores, fabricantes e distribuidores de software, hardware e de todo tipo de produtos tiflotecnológicos cos seus usuarios, familiares e profesionais relacionados coa educación, o emprego, a rehabilitación, o ocio e a vida diaria das persoas con discapacidade visual.

Exposicións, talleres, demostracións, presentacións prácticas… Todo un mundo de avances que achegarán a tiflotecnología aos visitantes, quen poderán percibila como algo cotián, sinxelo e próxima á realidade.

Lugar de celebración
Centro de Recursos Educativos de ONCE
Paseo de la Habana, 208 - 28036 MADRID

Datas e horarios:

21 e 22 de novembro de 2008 de 10:00 a 20:00 h.
23 de novembro de 2008 de 10:00 a 15:00 h.
Entrada libre e gratuíta para todos os visitantes.

Enlaces relacionados

(1) Enlace á Exposición Internacional Tiflotecnoloxía:
http://tifloinnova2008.once.es/

(2) Enlace aos contidos dos expositores:
http://tifloinnova2008.once.es/index.cfm?id=37&nivel=2

Gaudi… aí veñen os automatismos!

Edición: 22 de Setembro de 2008 por Abraham.

Logotipo de ‘GAUDI’ ou sistema de audio indexado. [D-533]

O meu Deus, seica tiña as falanxes oxidadas de non escribir nada por estes lares; retomando o pulo das miñas sindicacións abraiome co novo invento de Google, GAUDI (Acrónimo inglés de Google Audio Indexing) (1), mil e unha posibilidades ten para as Necesidades Educativas Especiais, a bote pronto a subtitulación automática dos vídeos que permitirá dobrar os diálogos, identificar sons e darlle verbas. Con estas ferramentas, todo é visualmente maís accesible!!!.

Esperamos impacientes unha nova ferramenta de interpretación gráfica.

Enlaces relacionados

:

(1) Enlace a Gaudi (Google Audio Indexing):
http://labs.google.com/gaudi