Logotipo de TADEGa.net




Artigos do mes de Xullo de 2008

Dislexia, novos retos na intervención

Edición: 16 de Xullo de 2008 por Felo.

Libro dislexia. [D-501]

Se en Abril dabamos conta do Congreso Nacional de Dislexia (1) a celebrares en Palma de Mallorca entre o 7 e o 9 novembro, eiquí na nosa terriña, ten moi moi boa pinta o Curso de Verán da USC “Dislexia: Novos retos na súa intervención interdisciplinar”.

Desenvolverase en Vilagarcía do 15 ao 19 de setembro coas ultimas innovacións en materia de intervención sobre a dislexia. Darémosvos conta do acontecido no curso e un resumo para os compañeiros que van ao TECNONEET. Setembro formativo!!

Enlaces de interese

  1. Ligazón ao artigo do Congreso Nacional de Dislexia: TADEGa
  2. Ligazón á web do Curso de Verán sobre Dislexia: Curso de Verán en Vilagarcía-Programa
  3. Ligazón á información do Curso na USC: Información do Curso de Verán na USC

II Marcha pola diversidade funcional

Edición: 12 de Xullo de 2008 por Luluxa.

Imaxe do cartel da marcha a Madrid pola diversidade funcional. [D-493]

Invitación aberta

Este ano faremos a Segunda Marcha pola Visibilidade da Diversidade Funcional. Podo dicir que a do ano pasado foi das experiencias máis intensas que vivín eu e das mellores para os meus fillos. Vos imaxinades centos de cascados dirixíndose cara Madrid? Viva a accesibilidade no transporte público! ;)

Sabedes o que é, perfectamente coordinados grazas ós móbiles, e con cobertura periodística, parar o tren de Santander, o de Vigo, o de Valencia, Málaga… para baixar a facer as necesidades a unha estación posto que o tren non é accesible, mentres o resto de viaxeiros esperaba e miraba polas fiestras sorprendidos-cabreados?

Elaboramos documentos, para min moi valiosos, (mándovos un exemplo). Se alguén está interesado mando mesmo imaxes ou os textos das teatralizacións.

Os meus fillos elaboraron un fermoso cartaz (que quedou alí exposto). A foto é, como vedes, na Torre de Hércules de Coruña. Os meus fillos son 1º pola esquerda, 3ª pola esquerda e 1º pola dereita (Diante). O resto son sobriños. Era o noso póster pero había algúns extraordinarios, con mensaxes que che facían subir o sentimento de dignidade a niveis infinitos…

E se alguén se anima a medrar con nós, prometo que non se arrepentirá.

Ligazóns de interese (múltiples idiomas)

Rachar fendas

Edición: 10 de Xullo de 2008 por Felo.

Uns premios atractivos

Imaxe do cartel dos premios romper barreras 2008. [D-499]

Se hai unhos días dabamos conta do relatorio de Toshiba na Educación Especial (1), agora Toshiba e B&J Adaptaciones queren premiar e fomentar a mellora da calidade de vida das personas con discapacidade, mediante o uso da tecnoloxía.

Ambas empresas, que colaboran en diversas iniciativas con este fin, convocan os Premios Romper Barreras co desexo de potenciar a realización e a comunicación de proxectos creativos e valentes que, empregando a tecnoloxía, permitan mellorar a calidade de vida das personas con discapacidade.

Istes premios nacen coa idea de recoñecer o labor de persoas, organizacións e institucións, que fomentan o uso das tecnoloxías para mellorar a calidade de vida de diferentes colectivos de persoas con discapacidade.

Dende estas liñas, TADEGA vos anima a todos a informarvos sobre como participar.

Ligazóns de interese (diversos idiomas):

I Congreso TADEGa: Mesa I

Edición: 10 de Xullo de 2008 por belenjunquera.

Segunda entrega dos videos do Congreso, hoxe a Mesa I:

(17:15 horas) Mesa I. Referentes TIC na Atención á Diversidade
Coordina: Mª Belén Junquera Méndez.
Relatores:
Manuel Gómez Villa: DIVERTIC e AUMENTATIVA.net, proxectos, logros e perspectivas de futuro.
Fco. Javier Soto Pérez: Foro TecnoNEEt, proxectos, logros e perspectivas de futuro.
Juan J. Fernández García: TADEGa, proxectos, logros e perspectivas de futuro.

[D-489]

Ligazóns de interese:

Boletin APOEGAL 9

Edición: 8 de Xullo de 2008 por Juan.

Xa fai uns días, pero é moi interesante coma para que lle fagamos un sitiño na nosa bitácora. Trátase da novena entrega do boletin que APOEGAL está a entregar periódicamente para todala comunidade educativa. Grazas compañeiros e bo traballo.

Sobe un documento a ‘Scribd’.
Lé este documento en ‘Scribd’: BOLETÍN 9N

[D-483]

Ligazóns de Interese

Notas para a accesibilidade web (IX)

Edición: 8 de Xullo de 2008 por Felo.

TADEGa nos encontros de ‘EduBlogs’ 2008 celebrados en Santiago de Compostela

Fomos invitados por esta nova asociación para presentar unha comunicación sobre accesibilidade web que resume moi ben o espíritu de todo o que levamos dito nos artigos dos venres sobre a accesibilidade web. Por elo vos deixamos aquí o enlace á presentación que fixemos nestas xornadas celebradas na Universidade de Santiago de Compostela (Facultade de Pedagoxía) os días 3, 4 e 5 de xullo de 2008.

[D-496]

Adicionalmente, fixemos unha publicación especial para esta comunicación na que se explica os contidos básicos de accesibilidade web máis polo miudo e que podedes atopar no seguinte enlace: issuu.com/tadega

Anunciamos que o vindeiro artigo sobre accesibilidade web (o que fai o número 10) será o derradeiro deste curso pechando un ciclo que entendemos foi vivo e rico para todas e todos. Grazas pola vosa paciencia.

Accesibilidade en XP

Edición: 7 de Xullo de 2008 por Ana.

O compañeiro Rubén Velasco, ten un vídeo moi moi sinxelo dalgunhas funcionalidades que lle podemos sacar ao Windows XP. Algo tan sinxelo como o teclado virtual emerxente pode ser de gran utilidade.

[D-490]