Logotipo de TADEGa.net




Artigos do mes de Marzo de 2008

Mutismo selectivo

Edición: 10 de Marzo de 2008 por Ana.

Alegoría da incomunicación. [D-389]

Dende unha petición de axuda ata un artigo

Na nosa lista de distribución de correo xurdiu unha cuestión en determinado momento cando unha das nosas compañeiras precisaba axuda por mor dun caso de mutismo selectivo na súa aula. O caso é que, grazas a esa ferramenta humilde da lista de correo, foron xurdindo aportes de diversos compañeiros que ían definindo situacións, aclarando dúbidas e pouco a pouco construíndo entre todos unha estrutura que decidimos non podía quedarse inflada no aire para logo esmorecerse co tempo. Decidimos transvasar toda esta información a este pequeno artigo recompilatorio para que poida servir de axuda para outros. Agardamos que así sexa.

(more…) [Art. Nº 389]

Integración 2.0

Edición: 6 de Marzo de 2008 por Avespa con mantelo.

Posible representación gráfica da 'web 2.0'. [D-385]

Non imos falar de web 2.0 ou de educación 2.0. Parece que iso xa está case dado por feito, sobre todo da web 2.0 pois xa é unha realidade. Non parece que vaia por bo camiño –polo menos parécemo a min- o que poderíamos chamar educación 2.0 –aínda que no mundo anglosaxón chaman a este fenómeno e-learning 2.0 (e-aprendizaxe 2.0). Por que motivo? Pois porque queda pouco daquel principio construtivista no que o alumno constrúe a súa aprendizaxe, pois agora mudou no mundo das TIC en algo así como querer acumular moito de todo sen unha mirada crítica ou un pensamento reflexivo.

Así a web 2.0 proporciona: blogs, procesadores de textos online para facer bitácoras ou calquera outra cousa, servizos RSS, Podcast, buscadores eficientes, Google maps, Bubbleshare ou Flickr, soft beta, o mundo Wiki,…..e xa hai algún que pensa que está todo feito; non estarán máis acertados os que chaman a este fenómeno e-aprendizaxe que os que o chaman educación?

E como queda enredado na rede algo hipotético, pero que eu penso que pode ser factible: integración 2.0 ou atención á diversidade 2.0. Poderíase manter na rede colectivos –como TADEGa- estables que redefiniran o uso de todas estas ferramentas e se implicaran na mellora dos proxectos e programas a nivel global sabendo o que se quere acadar e darlle un verdadeiro enfoque construtivista ao ensino aprendizaxe.

Porque pregunto eu: un alumno con parálise cerebral que ten necesidade de usar un ordenador con interface e periféricos adaptados para o seu traballo que é o que está utilizando, unha ferramenta ou unha prótese, porque se llo quitan non pode facer nada, úsao como quen usa lentes. Non o fai co mesmo propósito que o estou facendo eu agora. Outros confunden o medio co fin, saber ou poder manexar o ordenador non é o fin….

Sería bo sentar os principios da integración 2.0?

Colabora: Javier Martín

Blackle: aforrando con fondo negro

Edición: 4 de Marzo de 2008 por Ana.

Imaxe onde se pode ler 'Blackle' escrito en cor gris sobre fondo negro.[D-356]

“Blackle”: o Google sobre fondo negro

A polémica acerca do emprego do fondo negro nas páxinas Web co fin de contribuír ao aforro enerxético nace cando Mark Ontkust, en xaneiro do 2007, suxire nun artigo da bitácora de ‘ecoIron’ que o cambio da cor do fondo da pantalla de ‘Google’ a negro diminuiría o consumo enerxético nuns 3000 megavatios-hora anuais. Estes datos de seguida foron re-axustados a 750 megavatios-hora anuais, para o cal se estableceron algúns parámetros, como foron a concreción do número de visitas por día (estimadas en 200 millóns) e a duración de cada visita (estimada en 10 segundos).

(more…) [Art. Nº 356]

FACIL 2.3 en Galego

Edición: 1 de Marzo de 2008 por Felo.

facil[D-363]

O noso benquerido amigo Joaquim Fonoll do XTEC Catalán, o autor da Factoría de Actividades Combinadas de Informática e Logopedia (FACIL), envíanos a ligazón á version 2.3 en galego (Febreiro) que agarda solucione os problemas atopados e simplifica a instalación.

Ademais ponnos á nosa disposición un bo feixe de materiais en galego:

O propio Fonoll pídenos que recollamos todas as impresións e atrancos que atopemos cos seus programas para seguir mellorando, incluso -seguindo unha suxerencia nosa- convertir FACIL, reprogramalo de xeito que, en lugar de ser unha aplicación drogodependente de EXCEL (que sempre será un problema) que fora un programa tipo páxina web sen necesitar instalación de ningún tipo e moito mais doado de empregar. O asunto é atopar xente que queira colaborar, saiba destas fontanerías, e se preste voluntario.

Admítense todas cantas suxestións nos queirades achegar sobre o asunto tema.

Congreso sobre trastorno da atención

Edición: 12 de Febreiro de 2008 por Felo.

Tríptico TDA[D-329]

Organizadas conxuntamente polo Grupo ALBOR e a Fundación para la Promoción de la Calidad de Vida CALVIDA , atopamos istas xornadas sobre trastornos de atención adicadas aos Avances na Detección, Identificación, Prevención e Intervención multimodais con Nenos, Adolescentes e Adultos con Trastornos por Déficit de Atención con ou sen Hiperactividade:

‘HIPERACTIVOS’ e ‘INATENTOS’: algo mais que simples ’subtipos’

Realizaranse dúas Xornadas, unha en Bilbao os días 1 e 2 de marzo e outra en Madrid do 24 ao 26 de outubro.

Ligazón con mais informacion sobre as Xornadas
Ligazón ao tríptico en pdf da xornada de Madrid