Logotipo de TADEGa.net




Artigos do mes de Marzo de 2008

Parábola do pescador

Edición: 31 de Marzo de 2008 por Juan.

Aviso: artigo en español

Imaxe do pescador e as súas capturas.[D-412]

Colaboración recibida na nosa bitácora de Javier Martín

Una vez leí en un libro sobre educación permanente –no recuerdo ahora el título- la siguiente historia que cuento con la poca fidelidad de que es capaz mi memoria:

Un hombre que vivía en los Estados Unidos quiso pasar su tiempo libre dedicado a la pesca. Compró una buena lancha, un remolque para ella y como su coche era pequeño y viejo para tirar de las dos cosas, también compró un nuevo coche. Por supuesto compró los mejores aparejos, cebos y todo lo necesario.

Una vez lo tuvo todo se dirigió hacia los Grandes Lagos, recorriendo más de doscientos kilómetros. Cuando llegó preparó todo y se adentró en el agua con su flamante lancha y mucho orgullo, en la orilla quedaba un pobre viejo con un mísero sedal y una caña tan vieja como él. Nuestro hombre apenas reparó en él, pero si vio como su cesta estaba llena de peces y pensó: si este viejo pescó todo eso, qué no pescaré yo con todos mis aparejos.

Pasaron horas y nuestro pescador, aburrido, volvió hacia la orilla sin haber pescado nada. El viejo lo miró y dijo para sí: ¡Qué no habría pescado yo con todos esos aparejos!

Pienso que se entiende bien: El aparataje con que, a veces nos rodeamos en nuestro quehacer diario como profesores, realmente ¿sabemos para qué lo queremos o nos estará pasando lo que al pescador?

Orixe

Colaboración que agradecemos de Javier Martín (martinbetanzos.blogspot.com).

Notas para a accesibilidade web (III)

Edición: 28 de Marzo de 2008 por Juan.

Un neno observa como o debuxo dunha nave espacial parece real grazas a un efecto de sol e sombra.[D-411]

Como inserir imaxes sen tolear

Parece claro que a informática aportou a enorme plasticidade á hora de xuntar textos, imaxes, vídeos, sons, etc. para crear documentos multimedia de fermosa factura e valor engadido. Internet, ademais, engade a capacidade do intercambio inmediato de xeito sinxelo amén de colaborar en que sexan máis lúdicos e interactivos.

En cambio as regras de accesibilidade son claras: toda información que non sexa textual deberá ser tamén accesible en modo texto polo que, ou ben poñemos elementos multimedia que teñen un carácter de puro adorno para non ter que traducilas a texto (opción totalmente rexeitable por empobrecedora e ata farisea), ou ben temos que aportar un mecanismo que explique en forma de texto cal é o significado, intención e función que aporta o elemento auditivo, visual ou interactivo ao conxunto.

Ademais, os obxectos multimedia interactivos deben seguir un protocolo de regras establecido para que as persoas con discapacidade (motora, sensorial, etc.) os poidan manipular sen tolear no intento. Pero diso xa falaremos outro día. Hoxe centrarémonos nas imaxes.

Regulación da accesibilidade das imaxes

De entrada imos comezar por separar:

  1. Protocolo a seguir para os formatos e os deseños das imaxes.
  2. Sistema para inserir imaxes en código HTML.

Sobre formato e deseño de imaxes

Hoxe en día, non todos os tipos de imaxes se poden amosar nunha páxina web. Os formatos estándar admitidos son:

  • GIF: O Graphic Interchange Format ou GIF foi creado por Compuserve. Emprega o algoritmo de compresión para reducir o peso da imaxe sen perda de datos.
  • JPG: (siglas de Joint Photographic Experts Group) o JPG soporta 16,7 millóns de cores (24 bits) e é o máis empregado (e adecuado) para as fotografías.
  • PNG: Este formato foi desenvolvido para superar as limitacións do GIF. Utiliza tamén un algoritmo de compresión sen perdas. Do mesmo xeito que o GIF é adecuado para imaxes con poucas variacións de cores.
  • Nota: os datos que acabamos de explicar poden sonar a chino a moitos de vós, quedádevos cos 3 nomes mencionados como formatos estándar válidos para usar na web, GIF e PNG para os debuxos e JPG para as fotografías.

Con respecto ao contido mesmo das imaxes cómpre facer as seguintes precisións:

  • Non deben ter pestanexos a fin de evitar problemas de convulsións a persoas con problemas deste tipo.
  • As cores, brillos e contrastes deberían ser tales que persoas con vista reducida ou limitada (retinopatías diabéticas, cataratas, etc.) poidan apreciar minimamente os obxectos retratados.
  • A presenza da imaxe debe ter un propósito claro e evidente, ou ben de mero adorno ou ben aportando significado e funcionalidade ao texto que acompaña.

(more…) [Art. Nº 411]

Congreso Nacional Déficit Atención

Edición: 26 de Marzo de 2008 por Avespa con mantelo.

logotipo do ANSHDA (Asociación de padres de Niños con Síndrome de Hiperactividad y Déficit de Atención)
[D-323]
Unha aperta moi forte a Juan niste día.

Aviso: Artigo en castelán

El pasado 26 y 27 de enero de 2008 tuve la oportunidad de estar en el Congreso Nacional sobre TDAH 2008 en Madrid, de este conviene destacar las aportaciones del Dr. Russel Barkley, la psicóloga Marina Peña y la de Jesús Bernal. El resto de conferencias pasaron sin pena ni gloria, algunas parecían prometedoras aunque luego no aportaron lo que prometían, es éstas como es lógico no hablaré.

Tampoco de aquello que se ha hablado mil veces y podeís leer en otros artículos. Pero bien, considero que si de un congreso o curso sales con 1 o 2 ideas nuevas ya te puedes dar por satisfecho, así que en términos generales el congreso mereció la pena.

(more…) [Art. Nº 323]

Notas para a accesibilidade web (II)

Edición: 21 de Marzo de 2008 por Juan.

Con que facilidade se nos enredan as cousas nos pes![D-398-1]

En lembranza dos meus pais.

Avisos

Iste, é un artigo longo e complexo, xa que abordar con profundidade o relativo a estranxeirismos, tecnicismos, abreviaturas, acrónimos, etc. resulta complexo e extenso á vez e, ademais, sen a posibilidade de dividir a materia en artigos separados xa que todos os materiais están relacionados entre eles. Polo tanto, pídovos desculpas e que teñades istes puntos moi en conta:

  1. Case mellor ler este artigo nun momento de calma, e ata con lapis e papel para axudar a clarificar ideas.
  2. Non é para asustarse, sempre hai trucos para todo: como por exemplo ter metidos nun caderno de notas os datos máis técnicos para despois usar o famoso de copiar e pegar e non memorizalo todo.
  3. Como ven sendo costume, deixamos tamén aquí enlace para a tradución deste artigo ao español (*)

Dos palabros ás palabras, e o perigo de desorientarse

Imaxe alegórica de 'Perdido ou desorientado'. [D-398-2]

Palabro: Palabra mal dita ou estrambótica coloquialmente extravagante ou irregular que ao mellor só a entende quen a dixo.

Tanto na nosa fala como na escrita usamos inadvertidamente montóns de palabras e expresións (grupos de palabras) que son pouco coñecidas, que non constan nos dicionarios, que se incorporaron recentemente a eles, ou que procedendo outras linguas aínda están sen asentar na nosa. Poñamos como exemplos:

  • O termo palabro que significa palabra mal dita ou estrambótica coloquialmente extravagante e irregular.
  • Ou chapó (de orixe francés) para significar que admiramos algo ben feito, etc.
  • Ou CCOO que se fixo especialmente famosa cando certo periodista de televisión a pronunciou como se fose unha sigla Ce-Ce-Ou-Ou no canto de leela como unha abreviatura Comisións Obreiras

Podémonos perder

Se baixamos á área da accesibilidade web, cando escribimos estas palabras e expresións sen indicar o seu significado estaremos a converter esas palabras en palabros aos ollos de quen non as entende. Non nos decatamos de que, aínda que intuitivamente a maior parte de nós as entendemos perfectamente, hai moita xente para a que son incomprensibles:

  • Case todos entendemos que a expresión D. é a abreviatura de Don.
  • Só os españois (e non os peruanos) saben que UGT é un sindicato; e seguro que os peruanos teñen montóns de abreviaturas para sindicatos e partidos que os galegos descoñecemos.
  • Por outra banda SM pode significar o nome dunha editorial: (A editorial SM obtivo uns beneficios…) ou pode ser a abreviatura dun tratamento honorífico: (Hoxe, SM o rei Juan Carlos…).
  • E así poderíamos seguir con milleiros de casos similares.

(more…) [Art. Nº 398]

Dislexia, a discapacidade invisibilizada

Edición: 20 de Marzo de 2008 por Juan.

Alegoría da soidade (Debuxo por xentileza de J. Montiel).[D-408]

Non nos decatamos pero entre nós hai unha multitude de xente con dislexia sen que os propios afectados sexan coñecedores desta situación. Un artigo no xornal El País (1) fai unha descrición pormenorizada desta situación que, no estado español, é grave dende o momento en que as medidas educativas para a detección e o tratamento apenas son uns poucos esbozos do que debería ser.

Non quero aburrir on explicacións redundantes así que, despois de ler isto e ver o debuxo de J. Montiel (2), invítovos a ir directamente á fonte orixinal de ambos para ler o artigo e observar os traballos gráficos, paga a pena.

Enlaces que se citan

  1. Artigo do xornal El País sobre a dislexia baixo o significativo título: Tal vez o teu fillo é disléxico e ninguén o sabe? no enderezo web: www.elpais.com/articulo/sociedad…
  2. Orixe da ilustración de este artigo: Caderno de bitácora de J. Montiel (Juan Manuel Montiel): jmontiel.blogspot.es/…

Cal é a maior discapacidade?

Edición: 18 de Marzo de 2008 por jolfaga.

Carátula do disco ‘Miss Saraievo’.[D-404]

A explicación

Miss Saraievo é unha canción (1) dun álbum sinxelo do conxunto U2. Foi composta por Bono e interpretada por el xunto a Luciano Pavarotti, The Edge e Brian Eno durante un concerto de Pavarotti en Verona, Italia. Destaca a voz de Pavarotti, xunto a de Bono e os violíns. A canción -e o videoclip- tratan dun suceso ocorrido durante a Guerra da antiga Iugoslavia, na cidade de Saraievo, Bosnia-Herzegovina. Esta cidade era atacada polos serbios, os musulmáns e os croatas. Neste conflito morrían diariamente centenares de persoas. No medio do caos, algúns cidadáns crearon un concurso de beleza. Gravaron o momento e transmitírono en vivo nun espectáculo de Verona, Italia (2).

Durante o videoclip que vos animamos a ver e escoitar no enlace de Youtube que vos engadimos ao final deste artigo (1), podemos ver como as participantes no concurso de Miss Saraievo mostran un cartaz co lema Don’t let them kill us (Non permitades que nos maten).

A reflexión

Cal é a maior discapacidade? Non é complexo respostar, cando unha persoa morre a mans doutra todo queda discapacitado, esnaquizado, nada queda no seu sitio. De todo o edificio do verdugo só queda en pé o que para nada vale, o resto desvaneceuse. Só se pode pedir unha cousa: non lle fagamos sitio á indiferencia, sería criminal.

Enlaces que se citan

  1. Enlace a Youtube para ver e escoitar o videoclip: www.youtube.com/watch?v=u4VM41immWI
  2. Información obtida da wikipedia no enderezo: es.wikipedia.org/wiki/Miss_Sarajevo