Logotipo de TADEGa.net




Artigos do mes de Febreiro de 2008

A fenda dixital medra

Edición: 20 de Febreiro de 2008 por Juan.

1 millón de firmas pola non discriminación. [D-345]

Veño de visitar algunhas bitácoras, costume diario, para ver que é o que se está a cocer nos foros docentes máis relevantes de fala tanto galega como castelán. Lamentablemente, o panorama resulta bastante empobrecedor: hoxe en día, asistimos con certa emoción á explosión da coñecida como web 2.0: hai unha efervescencia explosiva de comunidades educativas (pais, centros, alumnos e profesores) que se lanzan á construción de webs baixo diversos formatos de nova acuñación (bitácoras, wikis, webquest, etc.) incluso hai algún manifesto (declaración de Roa) para ser asinado sobre o uso de toda esta tecnoloxía nas aulas e de como vertebralas axeitadamente. En cambio, ninguén fala da accesibilidade que todos istes contidos deben cumprir (máximo a partires da publicación do Real Decreto 1494/2007 de 12 de decembro) pero xa sabemos que, a nós, nin os reais decretos nos moven.

O caso e que temos milleiros de novas webs creadas dende as escolas e os institutos, case ningunha accesible a persoas con discapacidade, case todas sen saber qué é a accesibilidade web e, polo tanto, despreocupados 100% de tal asunto. Incluso algunhas ata manifestan que asistimos ao peche da fenda dixital, cando eu, nestas visitas, ao que asisto é ao seu axigantamento.

Nota: non quero ferir por ferir, o meu obxectivo non é o sangue. Sei da moi boa vontade de moitos redactores destas e doutras milleiras de páxinas máis, pero, se as nosas actitudes provocan discriminacións, non cabe outro recurso que facelo saber, sen panos quentes, máximo cando os danados, son danados sen voz.

Novo libro sobre discapacidade motórica

Edición: 19 de Febreiro de 2008 por Felo.

‘Guía para la evaluación orientación y atención a los alumnos discapacitados motóricos en centros ordinarios’.

Libro sobre discapacidade motórica.[D-338]

Fai poucos días, recibimos nos foros da nosa web unha anotación da publicación deste libro e, uns días máis tarde, nas colaboracións da bitácora, unha entrañable nota que nos remitiu o autor deste libro. Queremos expresarlle o noso agradecemento por tanta atención, e agardamos con impaciencia a lectura deste libro que parece moi interesante. Grazas Javier.

Ista foi a mensaxe que nos remitiu o seu autor, Javier Martín:

No primeiro lugar felicitarvos a todos os que formades parte de Tadega e aos que colaborades neste proxecto; por dúas cousas: polo ben que o facedes, e porque facía falta.

Despois de facer eu un comentario no foro de TADEGa (no apartado de bibliografía) Juan animoume a que o fixera aquí. Pois só dicirvos que traballo no IES “Rafael Dieste” de A Coruña (é un centro de escolarización preferente de discapacitados motóricos) e que estou á vosa disposición para todo o relacionado con este tema ou calquera outro. O comentario do foro era iste: “Publicouse a finais de 2007 na Editorial EOS o libro Guía para la evaluación, orientación y atención a los alumnos discapacitados motóricos en centros ordinarios de Javier Martín Betanzos (servidor)”.

O obxectivo desta obra é axudar aos centros educativos e profesores a planificar, axustar e desenvolver unha resposta educativa o mais idónea posíbel aos problemas que suscita a integración de alumnos discapacitados motóricos nos centros ordinarios. Espero que lle valla a alguén.

Saúdos, Javier martín.

Enlace á bitácora do autor, Javier Martín na web martinbetanzos.spaces.live.com

O presentador con ‘Síndrome de Down’

Edición: 18 de Febreiro de 2008 por Belen GF.

Logo da canle de televisión de Extremadura[D-339]

A televisión de Extremadura comezará de contado un programa semanal de media hora de duración para informar sobre o mundo da discapacidade. O programa emitirase os fins de semana e será presentado por unha persoa con síndrome de Down e contará cun debate moderado por unha persoa con parálise cerebral.

(more…) [Art. Nº 339]

Obradoiro accesibilidade no “CRA de Teo”

Edición: 17 de Febreiro de 2008 por susana viqueira cobas.

Fotografía dos nenos no obradoiro.[D-337]

Onte tiven a sorte de poder participar no primeiro obradoiro de accesibilidade básica de contidos web, a pesar de que os meus coñecementos neste tema son moi limitadiños direi que saquei moitas máis cousas en claro do que pensaba a priori.

Está claro que con xente deste calibre é fácil ir collendo de aquí e de alá e, pouco a pouco, ir creando o teu propio banco de recursos, ideas moitas, ferramentas tamén, agora votarlle horas para fedellar en todo e ir equivocándome e tamén acertando.

(more…) [Art. Nº 337]

‘Do2Learn’: Recursos para ANEAE

Edición: 14 de Febreiro de 2008 por Felo.

Enlace a 'Do2learn'.[D-250]

Xa hai uns días que o noso compañeiro Abraham avisounos das novidades deste sitio, e como xa facía tempo que non pasaba por alí (www.Do2learn.com), hoxe estiven a fedellar na súa páxina e quedeime gratamente sorprendido polos recursos que agora ofertan:

  • Fotografías da disposición das aulas segundo as necesidades.
  • Xogos de estimulación sensorial. Gratuítos ou de pago.
  • Propostas de actividades.
  • Material para imprimir.
  • Guías de diagnose para necesidades educativas.

Paga a pena se non o coñeciades!