Logotipo de TADEGa.net




Artigos do mes de Febreiro de 2008

Vídeos ‘SAAC’ no ‘SMART Notebook’

Edición: 26 de Febreiro de 2008 por Felo.

Seguimos a buscar posibilidades de traballo interesantes para os nosos alumnos e outro boísimo recurso son os vídeos de SAAC (mais de 900) da Galería de Imaxes de TADEGa. Grazas á pizarra dixital SMART poden acceder eles sos co dedo e unha vez que localizan o que lles interesa é o mestre o que inserta o video nunha actividade do SMART Notebook para que estea á disposición cada vez que necesitemos traballar ise concepto.

O proceso é moi sinxelo coma vedes no video, porque como os videos xa estan no formato flv so temos que descargalos ao noso equipo e logo insertalos no notebook como vedes na explicación. Xa contaredes como vos foi.

[D-362]

Sobre o obradoiro de Pontevedra

Edición: 23 de Febreiro de 2008 por mamiago.

Neno dando as grazas. Neste caso para Mamiago.[D-360]

Felicidades a todos os que tiveron que ver co Obradoiro de Accesibilidade web deste sábado en Pontevedra.

Grazas por abrirme un pouco os ollos e en definitiva por facerme partícipe de todo. Empeza unha nova fase. Esperemos que sexamos capaces de realizalo con éxito.

10 razóns para unha web accesible

Edición: 21 de Febreiro de 2008 por Felo.

Fotografía de Emmanuelle Gutierrez y Restrepo[D-353-1]

Dez razóns para deseñar unha web accesible

Este é o título do relatorio que impartirá Emmanuelle Gutiérrez Restrepo [1] da Fundación Sidar [2], na que repasarán as dez razóns para deseñar de xeito accesible, dez razóns de índole técnica, económica e social. Abordará conceptos tales como usabilidade, estándares, web semántica, interoperabilidade, aplicacións enriquecidas, comunicacións móbiles, posicionamento en buscadores, etc.

E ademais retransmitida polos nosos compañeiros do CESGA [3]! Hoxe ás 18:00 a través de Internet accedendo á súa web no enlace que xuntamos ao final deste artigo e incluso participar mediante chat, rexistrándose como «anónimo», dende a web da iso-es.org [4]

Outra opción tamén é a de seguirse na sede presencial do CESGA [3] en Santiago de Compostela, A Coruña, España.

Relación de enlaces web que se citan en orde de mención

  1. Bitácora de Enmanuelle Gutiérrez Restrepo: www.bitacoras.sidar.org/emmanuelle
  2. Fundación Sidar: www.sidar.org
  3. Retransmisión dende o CESGA: mms://windowsmedia.cesga.es/isoc-es
  4. Chat para participar dende a Isoc: www.isoc-es.org/chat

Fotografía da conferencia de Emmanuelle Gutierrez y Restrepo[D-353-2]

Felicidades compañeiro!

Edición: 20 de Febreiro de 2008 por susana viqueira cobas.

Felicidades compañeiro! [D-349]

Relator, compañeiro, amigo…

Dende Sementeira queremos felicitar a este marabilloso taguediano.

Felicidades Abraham!

TecnoNEEt 2008 en marcha

Edición: 20 de Febreiro de 2008 por Juan.

Logotipo do Congreso ‘TecnoNEEt 2008′.[D-312]

O congreso abre as súas portas

Como xa temos insistido noutras ocasións, TADEGa súmase cargada de ilusión ao lanzamento do V Congreso Nacional de Tecnoloxía Educativa e Atención á Diversidade (TecnoNEEt) e que este ano conflúe coas III Xornadas Nacionais de Logopedia Dixital para conformar así o Congreso Tecnoneet-Logopedia Dixital 2008 que, baixo o lema A igualdade de oportunidades no mundo dixital terá lugar no Campus da Muralla do Mar da Universidade Politécnica de Cartaxena (Cartaxena, Murcia, España), os días 18, 19 e 20 de setembro de 2008.

Cartel do congreso Tecnoneet 2008.[D-344]

Aberto o prazo de inscrición de comunicacións, pósteres e obradoiros

A día de hoxe comunícannos dende a organización que quedan abertos os formularios por Internet para os envíos de traballos (comunicacións, pósteres e obradoiros) para este congreso. Así pois, vos animamos encarecidamente a participar no mellor evento internacional de fala hispana sobre tecnoloxías e atención á diversidade. Moi probablemente, TADEGa estará presente de diversos xeitos:

  • 3 dos nosos compañeiros de TADEGa forman parte do comité organizador (Belén, Antonio e Juan).
  • Nun obradoiro, TADEGa propón obradoiros sobre as plataformas galegas EduLim e Ardora.
  • Noutro obradoiro, a edición dixital de contidos accesibles.
  • Presentación oficial da plataforma Aumentativa.net traducida xa totalmente ao galego grazas a unha equipa de TADEGa (Grazas Belén).
  • Presentación oficial do acordo de colaboración entre Divertic.org e TADEGa.net para o libre intercambio de experiencias e acceso a servizos de ambas asociacións.

Vos invitamos a participar

Dende a nosa experiencia de convocatorias previas, sabemos que a calidade está garantida. Así pois vos invitamos a que participedes neste excepcional encontro. A maiores, TADEGa está a buscar fórmulas organizativas e económicas para facilitar o acceso a este congreso aos seus asociados. Esperemos poder darvos noticias moi pronto.

E, por suposto, tedes toda a información necesaria na súa web: http://congreso.tecnoneet.org/

A fenda dixital medra

Edición: 20 de Febreiro de 2008 por Juan.

1 millón de firmas pola non discriminación. [D-345]

Veño de visitar algunhas bitácoras, costume diario, para ver que é o que se está a cocer nos foros docentes máis relevantes de fala tanto galega como castelán. Lamentablemente, o panorama resulta bastante empobrecedor: hoxe en día, asistimos con certa emoción á explosión da coñecida como web 2.0: hai unha efervescencia explosiva de comunidades educativas (pais, centros, alumnos e profesores) que se lanzan á construción de webs baixo diversos formatos de nova acuñación (bitácoras, wikis, webquest, etc.) incluso hai algún manifesto (declaración de Roa) para ser asinado sobre o uso de toda esta tecnoloxía nas aulas e de como vertebralas axeitadamente. En cambio, ninguén fala da accesibilidade que todos istes contidos deben cumprir (máximo a partires da publicación do Real Decreto 1494/2007 de 12 de decembro) pero xa sabemos que, a nós, nin os reais decretos nos moven.

O caso e que temos milleiros de novas webs creadas dende as escolas e os institutos, case ningunha accesible a persoas con discapacidade, case todas sen saber qué é a accesibilidade web e, polo tanto, despreocupados 100% de tal asunto. Incluso algunhas ata manifestan que asistimos ao peche da fenda dixital, cando eu, nestas visitas, ao que asisto é ao seu axigantamento.

Nota: non quero ferir por ferir, o meu obxectivo non é o sangue. Sei da moi boa vontade de moitos redactores destas e doutras milleiras de páxinas máis, pero, se as nosas actitudes provocan discriminacións, non cabe outro recurso que facelo saber, sen panos quentes, máximo cando os danados, son danados sen voz.