Logotipo de TADEGa.net




Artigos do mes de Decembro de 2007

Second Life… virtualiza a esquizofrenia!

Edición: 20 de Decembro de 2007 por Abraham.

Alucinacións en 'Second Life'.[D-273]

Cada día sorpréndeme máis esta ferramenta; a cotío intento adicarlle un tempo para deixar que me deixe pampo.

Pois esta vez quixen alucinar no sentido máis estricto e dirixinme á web da UC Davis Virtual Hallucinations facility en Second Life (SLurl).

O mencionado sitio esta deseñado para darlle aos vistantes unha mellor comprensión sobre a esquizofrenia grazas a unha simulación das súas alucinacións auditivas e visuais. Despois dun periodo onde vives estas doenzas, e en base a túa experiencia esquizoide, ofrécenche a posibilidade de practicar entrevistas a pacientes virtuais e facer diagnósticos.

Incrible as posibilidades didácticas que ten todo isto, o poñerse na pel de está máis que ofrecida, así como anticiparse e planificar respostas educativas axeitadas en base a esta experimentación da doenza.

Xa sabes se queres alucinar! :)

Nota: En breve máis apuntamentos sobre Second Life e necesidades educativas especiais.

Anuario de ‘blogs’ en español

Edición: 19 de Decembro de 2007 por Juan.

Portada do libro ‘Anuario de blogs en español 2008′ de ‘ediciones el cobre’.[D-268]

Un agasallo para Abraham, o noso crac das bitácoras ;)

Onte (luns 18 de decembro) saíu á venda o libro La Gran Guía de los Blogs 2008 [1], de Rosa J. C. [2] e Francisco Polo [3], editado na Colección Planta 29 [4] de Ediciones El Cobre [5], que nace con vocación de anuario e que nas súas 531 páxinas a toda cor recolle reflexións sobre o acontecido en 2007 con respecto ó fenómeno dos blog acompañadas dun directorio con centos de bitácoras de Internet en español clasificadas por materias, fuxindo dun formato de guía telefónica e apostando por dedicarlle a cada blog un espazo importante (a metade de cada páxina, incluíndo imaxe, descrición e ficha técnica de cada caderno dixital).

O texto tamén pretende promover e estimular a presenza do español na Rede, pois na actualidade só o 4% dos blogs no mundo están escritos en español fronte ó 36% en inglés. A obra ten un carácter internacional, tomando como nexo de unión o idioma español, polo que aparecen blogs de todo o mundo, para construír unha ferramenta de achegamento para os hispanofalantes que queiran saber máis da blogosfera.

Enlaces que se citan

‘Global Picture Dictionary’

Edición: 13 de Decembro de 2007 por Felo.

Imaxe do Dicionario de Imaxes Icoon.[D-258-1]

Reciclando, reciclando… podemos darlle outro bo uso a este libriño [1] inicialmente pensado para usar en lonxanas e exóticas viaxes, afastadas do English spoken. Pero como xa sabedes aquilo de que unha imaxe vale máis que mil palabras, pois aquí son 2000 imaxes e 400 fotos a cor xa que ICOON fala do mundo no idioma máis universal: as imaxes. É o exemplo perfecto de que cando algo está ben feito, accesible, e usable… é para TODOS.

Así reza a propaganda (traducida) do editor:

A comunicación é posible en todas partes con ICOON, tanto nunha viaxe de negocios en Asia, de mochilero na América do Sul ou de excursión por Europa. Vostede simplemente apunte nunha das máis de 2000 iconas repartidas en 12 categorías, como o vestido, a hixiene, as autoridades ou aloxamentos para facerse entender. Mais de 400 fotos a cor dos alimentos de todo o mundo garante que a comunicación vólvese moi apetecible. Tamén, detallados mapas do continente, botarán luz sobre o seu paradoiro actual.

Como mostra do valioso que nos pode resultar para o traballo no reforzo e complemento visual da linguaxe dos nosos alumnos, vaia unha paxina do libro:
Imaxes Icoon[D-258-2]

Eles pensaron nun libro para que o turista puidera facerse entender sen esforzos con calquera idioma e cultura (nós quedámonos con nenos sen linguaxe oral, con SAAC, autismo…). Eles, esforzándose para que sexa accesible e usable, repensaron ben que imaxes elixir que fosen universais, como organizalas por grupos, como acceder a elas intuitivamente (e nós vaia que celebramos e aplaudimos ese esforzo). Eles chegaron ao refinamento de usar páxinas de papel aluminio revestido para que ata as máis duras inclemencias meteorolóxicas non interrompisen a comunicación (eu acordeime dunha nai compatibilizándoo co almorzo, a leite ao lume, as papas da irmá ciscadas pola mesa…)

Por último, uns enlaces para ver o libro [1] e para poder mercalo a un prezo razoable [2]:

  • [1]: Enlace á web do libro icoon: icoon-book.com
  • [2]: Enlace á web para mercar o libro: icoon-book.de/shop
  • Nota: mentres non o arranxen, a tenda non funciona moi ben xa que o idioma español do noso navegador web fai falcatruadas. Ide ás opcións do voso navegador, cambiade español ou galego polo inglés, facede a compra, e logo xa teredes tempo de volver a deixalo como estaba. Xa sabedes, cousas da informática.

Xa temos Congreso TecnoNEEt 2008

Edición: 10 de Decembro de 2007 por Juan.

Logotipo do Congreso ‘TecnoNEEt 2008′.[D-256]

Un acontecemento longamente agardado

Xa temos aquí o congreso [1] por excelencia. O maior e mellor evento de toda Iberoamérica no que ao uso e aproveitamento das TIC na atención á diversidade se refire. De feito, TADEGa [2] débelle moito a TecnoNEEt [3], pois foi no seu congreso de 2006 [4], onde TADEGa cobrou forma a raíz da xuntanza que amablemente nos facilitou a organización do congreso de todos os galegos que alí estabamos e dos contactos que, posteriormente, se foron creando ao redor deste núcleo.

Tanto é así que 3 dos nosos tadeguianos forman parte do comité organizador deste congreso (Antonio Ovidio, Belén González e un servidor). Sirva tamén indicar que outros 3 dos membros deste comité son os autores das bitácoras que temos como bitácoras amigas, ou que este mesmo grupo tamén é o autor do NEEDirectorio [5], ou do portal TecnoNEEt.org [3]. E iso sin paranos agora a explicar polo miúdo a calidade do propio congreso que xa vai pola súa 5ª edición bianual.

A igualdade de oportunidades no mundo dixital [1]

Así reza o lema do congreso deste ano, e nós, dende aquí facémosvos unha invitación a todas e todos os interesados nestes temas para que participedes neste congreso, ben fisicamente estando alí, ou ben mediante matrícula na forma non presencial. Dende a nosa experiencia, a calidade dos temas a desenvolver queda garantida.

Enlaces que se citan

Indicamos a continuación a relación de enlaces que se mencionan e que poden axudar a ampliar esta información:

Biblioteca Virtual en Língua de Señas

Edición: 4 de Decembro de 2007 por Ana.

Logotipo oficial da LSE (Lingua de señas española).[D-245]

As tecnoloxías apórtannos novas ferramentas que, se cadra, resultan moi útiles á hora de traballar na educación de nenos con necesidades específicas de apoio educativo. Sen embargo, non sempre contamos co compromiso necesario dalgunhas institucións e/ou organismos para facilitar o achegamento da información a esta poboación grazas ao seu emprego.

Este non é o caso do Instituto Cervantes que, dende o 2001, ven traballando en diversos proxectos que, por ambiciosos, medran paseniñamente, pero seguros. Nesta ocasión referirémonos unicamente a unha das obras postas en marcha pola Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes, a Biblioteca Virtual de Señas (www.cervantesvirtual.com/seccion/signos), na que actualmente traballan diferentes profesionais e expertos no ámbito da lingüística e as linguas de señas, investigadores e intérpretes, así como técnicos informáticos e persoal de talleres dixitais e de imaxe da Universidade de Alacante.

(more…) [Art. Nº 245]