Logotipo de TADEGa.net




Artigos do mes de Novembro de 2007

Xornadas técnicas de accesibilidade e usabilidade

Edición: 15 de Novembro de 2007 por Juan.

Logotipo de Eganet.org. [D-224]

EGANET (asociación sen ánimo de lucro, formada por empresas e profesionais galegos do sector de Internet e as novas tecnoloxías) ven de informarnos na súa páxina web (www.eganet.org) de 2 eventos de suma importancia no ámbito galego.

  • 26 e 27 de novembro de 2007, curso Accesibilidade Web organizado por EGANET cunha duración de 16 horas, destinado a profesionais con coñecementos intermedios de desenvolvemento de aplicacións web, a se celebrar tanto en Santiago como en Vigo.
  • 3 de decembro en Santiago e 5 de decembro en Vigo, curso de Introdución a Usabilidade organizado por EGANET cunha duración de 8 horas, que busca a introdución ao mundo da usabilidade e o deseño centrado no usuario, dando unha visión clara de cal é a súa importancia no desenrolo de webs e outro software.

Nota: Estes cursos contan cunha axuda Dirección Xeral de Promoción Industria e da Sociedade da Información da Consellería de Innovación e Industria e non terán ningún custe para os participantes. Máis información, na páxina web antes indicada da propia EGANET.

A verdade é que en moi raras ocasións se organizaron xornadas técnicas de accesibilidade e usabilidade dende o eido público no entorno galego. Hai que felicitar esta iniciativa xa, máis que por novidosa, por urxente e, ata hoxe, desatendida.

Parálise cerebral e deficiencias afíns

Edición: 14 de Novembro de 2007 por Avespa con mantelo.

Cartel da película ‘my lef foot’ (’o meu pé esquerdo’).[D-222]

Por medio da bitácora amiga AEDIR (Asociación de Educación e Diversidade da Rioxa), tomamos nota das Xornadas Técnicas que ASPACE-A Rioxa (Asociación de atención ás persoas con Parálise Cerebral e afíns desta comunidade) vai celebrar na súa universidade.

Trátase dunhas xornadas técnicas de ámbito universitario nas que un dos días adícanse a desenvolver a temática do uso e aproveitamento das Tecnoloxías da Información e da Comunicación (TIC) para este colectivo.

As xornadas terán lugar os días 21, 22 e 23 de novembro deste ano.

Para máis información podedes acceder a este enlace da universidade que inclúe o tríptico do programa.

EDIGa de noraboa

Edición: 12 de Novembro de 2007 por Juan.

Logotipo de ‘EDIGa’.[D-221]

Veño de saber que EDIGa foi premiada na recente edición do SIMO co premio á Mellor web colaborativa do 2007.

Só cabe aledarse por tan boa nova e enviarlles a todos os seus integrantes as nosas máis fondas felicitacións e parabéns. Sabemos todos os de TADEGa, que non é un premio sen esforzo. Ogallá sexa só un dos primeiros recoñecementos ao seu traballo e entrega.

Discapacidade intelectual e saúde mental

Edición: 12 de Novembro de 2007 por Felo.

Logotipo do I Seminario de discapacidade intelectual e saúde mental.[D-217]

O I Seminario sobre Discapacidade Intelectual e Saúde Mental terá lugar o venres, día 16 de novembro, no hotel Torres de Compostela nesa localidade coruñesa.

Esta actividade forma parte do Programa Desvantaxe Social que, xunto coa colaboración do Grupo de Traballo sobre Trastornos Mentais e/ou Alteracións de Conduta, ven traballando estes últimos anos para mellorar a atención que reciben as persoas con discapacidade intelectual e trastornos da saúde mental.

Velaiquí o Ligazón ao tríptico do Seminario.

Nova axuda para persoas con autismo

Edición: 11 de Novembro de 2007 por Felo.

O proxecto Spectrum resulta ser moi útil para persoas con autismo

Deseño con Google Sketchup[D-211A]

Da man do equipo de Google naceu SketchUp, unha ferramenta de software 3D moi doada de empregar e sumamente potente. Google SketchUp permite crear e modificar modelos 3D de forma rápida.

Nota: andivemos empeñados en amosarvos aquí un vídeo de Youtube no que se fai unha demostración práctica (en inglés) desta ferramenta, pero por problemas de falta de accesibilidade non podemos colocalo aquí ata que academos un xeito accesible para vídeos compatible coa nosa bitácora. Se algún de vós ten interese en ver o vídeo aquí tedes o enlace: http://www.youtube.com/v/k7PIwSnKq7E, e aquí, o enlace á descripción detallada que tiñamos preparada para o vídeo: [D-211B]

O caso é que, ao por a experiencia en marcha, de seguido comezaron a recibir chamadas de nais e pais de persoas do espectro autista que empregaban a ferramenta para dar saída ás imaxes que creaban nos seus pensamentos. De feito, pensan en imaxes. Ademais disto, tamén está o beneficio de crear simulacións ou visitas virtuais polas que lles podan adiantar un sitio a onde van ir, unha casa, etc.

Enlace á páxina do proxecto