Logotipo de TADEGa.net

Artigos do mes de Novembro de 2007

Podo!

Edición: 20 de Novembro de 2007 por Avespa con mantelo.

Cartel da película ‘my lef foot’ (’o meu pé esquerdo’).[D-231]

Quéredes un debate na aula? Apetécevos que o voso pálpito aletexe con máis gañas? Queredes ter unha referencia para cando as forzas menguan aínda que sexa por motivos banais? Aquí vos deixo unha semente.

Velaiquí a historia:

Na Australia hai unha proba atlética moi famosa que se chama Ironman (home de aceiro) que consiste en:

  1. Nadar no mar 4 quilómetros durante o frío da mañán.
  2. Continuar cunha bicicleta en ruta percorrendo nada menos que 180 quilómetros sen parar con sobidas e baixadas prolongadas.
  3. Rematar cunha maratón de 43.5 quilómetros nun derradeiro e destrozante esforzo físico e mental (os campións do mundo precisan entre 8 e 12 horas para rematar a proba).

Pois é aquí que un pai con 60 anos tiña unha enorme ilusión, competir co seu fillo con parálise cerebral en brazos ao longo de toda a proba. Nunca viu coma un obstáculo o do seu fillo senón como unha aposta, un empeño. O entrenamento foi duro e longo, pero aquí tedes o resultado. O vídeo chámase can (podo).

www.youtube.com, código: f4B-r8KJhlE

Grazas Rosa, pola túa inestimable aportación. Fonte da información: http://aziroet.com/rosamdediego

Asomarse ao autismo

Edición: 20 de Novembro de 2007 por Juan.

Un logotipo posible sobre o autismo.[D-229]

Eu non sei como pensan os demais sobre todo isto da discapacidade e sobre cada un dos seus aspectos. Supoño que cada quen faise unha idea propia sobre como viven as persoas con discapacidade ou como sinten, tanto eles como os seus familiares máis achegados, ou tamén, que podemos ou debemos facer, ou como nos debemos conducir, os que non coñecemos estas situacións de primeira man.

O certo é que a miña curiosidade sempre foi enorme por todas istas situacións (se hai algo que sempre tiven grande foi a curiosidade) e, dentro de todo iste mundo, o autismo (e todas as afectacións por algún trastorno dentro do espectro autista) sempre foi para min o máis desconcertante. ¿Qué bule detrás deses ollos que rexeitan mirar aos meus? ¿Como entende un coche de xoguete un rapaz que o usa para mover as rodas durante horas sen parar pero nunca para facelo rodar polo chan? ¿Por que escapan á comunicación verbal? ¿Por que insisten tanto, e que pracer lles causan, os movementos rítmicos, ou estar ordenando milimétriamente os obxectos, ou quedar pasmados mirando á luz ou á auga? ¿Por qué fan como se non estiveses, aínda que saben de sobra que estás alí? ¿Por qué prefiren cen mil veces coller un vaso de auga escalando mil obstáculos, no canto de pedircho a ti directamente que estás a só uns centímetros? ¿Por qué nunca amosan os seus sentimentos pero si as súa ansiedade e excitación? ¿Por que lles é moito máis doado expresarse con imaxes que coas palabras? ¿Por qué…?

Eu non sei se os demais se fan todas istas preguntas (e outras tantas que teño nos miolos dando voltas e reviravoltas sen parar), pero si sei que, se alguén tratase paseniñamente de dar respostas dun xeito sinxelo que todos poidamos comprender, creo que todos o agradeceriamos moito, e creo tamén que moitas condutas impropias de moita xente causadas pola iñorancia desaparecerían.

Con tal motivo, velaiquí que os cadernos de bitácora amigas rexentadas por nais de nenos e nenas con autismo, fixéronse eco istes días dunha serie de 3 vídeos emitidos pola segunda cadea de televisión española a horas moi imprudentes do pasado sábado na serie “Noite temática”. Dende aquí vaia o meu agredecemento ás bitácoras de Mamiago (1) e de Mi Ángel sin voz (2) pola súa voz de aviso ante tal evento, e a posibilidade de que poidamos todos, ver e escoitar estes vídeos que xa nos teñen preparados nas súas bitácoras.

Non colgo aquí os vídeos, prefiro que vaiades vós mesmo a estas bitácoras e así, lle votades unha ollada tanto aos vídeos como ás bitácoras, que ben paga a pena. Velaiquí tedes os enlaces:

Novamente, grazas.
Juan.

Tradutor de documentos para cegos

Edición: 16 de Novembro de 2007 por Rosa-Tiflo.

Logotipo da corporación ‘Daisy.org’[D-225]

Acordo para o desenvolvemento dun tradutor de documentos para cegos de Microsoft

Microsoft e o consorcio de audiolibros dixitais DAISY (Dixital Accessible Information System) traballarán para desenvolver conxuntamente nunha ferramenta de tradución para cegos que traducirá os documentos de Microsoft Word a un estándar de audio dixital.

Ambas as organizacións afirmaron que a súa colaboración está destinada a desenvolver un plugin descargable gratuíto que traduza documentos baseados no formato no que Microsoft Office 2007 garda por defecto os seus documento ao formato de DAISY para que posteriormente se poidan procesar para producir audio dixital e outros formatos. Espérase que o plugin estea dispoñible a comezos de 2008.

O consorcio sen ánimo de lucro DAISY, con sede en Zúric, Suíza, foi formado en 1996 por bibliotecas de audiolibros co fin de axudar á transición de audiolibros analóxicos a dixitais e adotou estándares abertos baseados en formatos de arquivos de Internet.

Fonte da información: EuroResidentes.com

Nota

Á noticia debe engadirse que os reprodutores de documentos DAISY permiten deter a lectura dun audiolibro e, cando acendemos de novo o equipo, continuar lendo onde o deixamos. O audiolibro está dividido en capítulos, permitindo unha navegación moi sinxela. Tamén se poden pór marcas ao longo do audiolibro e poder acceder a elas máis tarde. Para rematar, existen programas que permiten a conversión dun audiolibro en formato DAISY a formato mp3.

Xornadas técnicas de accesibilidade e usabilidade

Edición: 15 de Novembro de 2007 por Juan.

Logotipo de Eganet.org. [D-224]

EGANET (asociación sen ánimo de lucro, formada por empresas e profesionais galegos do sector de Internet e as novas tecnoloxías) ven de informarnos na súa páxina web (www.eganet.org) de 2 eventos de suma importancia no ámbito galego.

  • 26 e 27 de novembro de 2007, curso Accesibilidade Web organizado por EGANET cunha duración de 16 horas, destinado a profesionais con coñecementos intermedios de desenvolvemento de aplicacións web, a se celebrar tanto en Santiago como en Vigo.
  • 3 de decembro en Santiago e 5 de decembro en Vigo, curso de Introdución a Usabilidade organizado por EGANET cunha duración de 8 horas, que busca a introdución ao mundo da usabilidade e o deseño centrado no usuario, dando unha visión clara de cal é a súa importancia no desenrolo de webs e outro software.

Nota: Estes cursos contan cunha axuda Dirección Xeral de Promoción Industria e da Sociedade da Información da Consellería de Innovación e Industria e non terán ningún custe para os participantes. Máis información, na páxina web antes indicada da propia EGANET.

A verdade é que en moi raras ocasións se organizaron xornadas técnicas de accesibilidade e usabilidade dende o eido público no entorno galego. Hai que felicitar esta iniciativa xa, máis que por novidosa, por urxente e, ata hoxe, desatendida.