Logotipo de TADEGa.net




Artigos do mes de Outubro de 2007

Material para deficiencias visuais

Edición: 31 de Outubro de 2007 por Mª José.

Logotipo do caderno de bitácora de Rosa Mª de Diego.[D-210]

Rosa Mª de Diego é unha compañeira que escribe nun caderno de bitácora moi interesante no enderezo:

http://aziroet.com/rosamdediego/

Xustamente navegando polas súas páxinas acabo de atopar uhna referencia a un material interesante para traballar con nenos con deficiencias visuais que, a súa vez, provén do Centro de Desarrollo de Tecnologías de Inclusión, Universidad Católica de Chile , e que tedes no seguinte enlace.

II Xornadas sobre o TDAH

Edición: 23 de Outubro de 2007 por Abraham.

Representación simbólica dun neno con TDAH.[D-202]

II Xornadas formativas ANHIDA sobre hiperactividade e déficit de atención

Nota: Asociación ANHIDA (Asociación de Nenos con Hiperactividade e/ou Déficit de Atención).

Organizadas pola Asociación ANHIDA (anhida.org), estas xornadas céntranse no TDAH (Trastornos por Déficit de Atención e Hiperactividade) e terán lugar os días 9 e 10 de novembro na cidade de Vigo.

Obradoiros:

  • O neno con TDAH no seu contorno familiar
  • O neno con TDAH no contorno educativo

Enlace ao tríptico das Xornadas sobre Hiperactividade

Ferramenta para a comunidade: ‘Jottit’

Edición: 22 de Outubro de 2007 por Felo.

Xa o estabamos a mirar e coido que pode ter utilidade, sobre todo para perderlle o medo ise a fedellar e a publicar os nosos comentarios nunha páxina web. Trátase do servizo web de Jottit. Un par de clics e, en segundos, terás a túa primeira web.

É coma unha zona colaborativa entre os usuarios, ao estilo dunha wiki ou wikipedia, coa que lle podemos sacar moito partido (por exemplo para facer unha lectura comentada do boísimo documento do grupo TecnoNEEt: Tecnoloxías de Axuda.

Aquí o tedes: http://tadega.jottit.com. Parécevos que comecemos?

Aprobada a lei da lingua de signos

Edición: 21 de Outubro de 2007 por Juan.

Fotografía tomada con motivo da aprobación desta lei.[D-199]

Aprobada a lei que recoñece a lingua de signos e os sistemas de apoio á comunicación oral

Seguindo unha atenta lectura do que se publica nos cadernos de bitácora amigos, atópome hoxe domingo con que o noso amigo Domingo (curiosa homofonía) ben de publicar unha noticia moi salientable no seu caderno de bitácora ( http://domingomendez.blogspot.com ). O pasado 10 de outubro aprobouse por unanimidade a lei que recoñece a lingua de signos e os sistemas de apoio á comunicación oral.
Facendo unha sinopse a vista de paxaro poderíamos sintentizala nos seguintes puntos:

  • Recoñécese legalmente a lingua de signos española.
  • As administracións educativas facilitarán a aprendizaxe da lingua de signos española e dos sistemas de apoio á comunicación.
  • As persoas xordas e con discapacidade auditiva poderán solicitar intérpretes e medios de apoio á comunicación nos servizos básicos.
  • Créase o Centro de Normalización da Lingua de Signos.
  • O Centro Español do Subtitulado e a Audiodescripción, xa en funcionamento, impulsará a accesibilidade dos produtos audiovisuais.

Dentro do que máis nos afecta aos educadores debemos indicar que, tal e como se informa na web do MTAS (Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais):

Polo que se refire á aprendizaxe, o proxecto de lei establece que as administracións educativas disporán o necesario para promover a aprendizaxe da lingua de signos española ao alumnado xordo, con discapacidade auditiva ou xordocego que libremente opte por esta lingua. No caso de que esta persoa sexa menor de idade ou estea incapacitada, a elección corresponderá aos pais ou representantes legais. Ademais, garantirase a aprendizaxe da lingua oral e dos medios de apoio á comunicación ás persoas xordas, con discapacidade auditiva e xordocegas usuarias destes sistemas.

Máis información:

Unha publicación indispensable

Edición: 18 de Outubro de 2007 por Juan.

Portada do libro ‘Tecnologías de ayuda en contextos escolares’.[D-197]

A Consellería de Educación de Murcia ven de publicar un libro que todos nós deberiamos ter, ler, e mesmo desgastar: Tecnologías de ayuda en contextos escolares.

Non abondan as publicacións sobre prácticas escolares escritas polos propios docentes dun xeito ameno e práctico. Menos doado é aínda é que tales publicacións versen sobre o bo uso e aproveitamento das TIC nas aulas… e, se concretamos máis aínda: xa case non me lembro dalgunha publicación seria recente sobre prácticas dos usos educativos nas aulas das TIC aproveitadas para a atención á diversidade. Se ademais precisamos que os autores son, nin máis nin menos, que os membros do seminario TecnoNEEt ¿Qué máis poderiamos pedir?
Debemos aclarar, non sen certa fachenda, que neste ladrillo hai algunha man de TADEGa, pois algúns dos seus membros participamos e colaboramos na súa redacción. Así que bo proveito a todos.

Para acceder a esta publicación, o noso amigo Javier Soto como un dos seus autores principais, ben de publicar no seu caderno de bitácora un enlace ao seu contido completo en formato PDF (desglosado en 3 enlaces a 3 partes do documento).

Aquí tedes o enlace: http://tecnologiaydiscapacidad.es/?p=279

Ensino das matemáticas

Edición: 17 de Outubro de 2007 por Felo.

Man en branco e negro.[D-192]
Algo máis longo era o título do Grupo de Traballo que tivemos no centro o pasado ano; unha parte consistía nos recursos existentes para traballar no ordenador e imaxes para crear materiais de aula.

E así fixen un compendio con:

  • Vedoque.
  • Barallas de Cálculo.
  • Cadernos Vindel.
  • Crear exercicios en formatos pdf
  • Toomates.
  • Recursos da páxina de Educarm (Murcia).
  • Recursos da Biblioteca de Manipuladores Virtuais (Bloques de Base para adición, sustración…).
  • Ademais como non atopamos materiais de Cálculo Mental, elaborei istes 3 niveis de actividades co material de El Quinzet.

Aquí vos deixo o enlace: Recursos matemáticas no ordenador