Logotipo de TADEGa.net




Artigos do mes de Setembro de 2007

Proxectos Vialibre-Fundosa

Edición: 27 de Setembro de 2007 por Vanesa.

Pantallazo dun mapa analizado.[D-173]

SIGMA é un sistema de Información Xeográfica que permite a elaboración, revisión e publicación de Planos de Accesibilidade.
O sistema cobre todas as fases dun Plano, a partir da súa contratación ata a súa publicación en internet, só é necesario un navegador web e unha conexión a internet. SIGMA dá soporte e facilita cada un dos pasos proporcionando ferramentas para o seu control e xestión. A publicación permite acceder a información para podela consultar e realizar operacións sobre ela, como son: Información xeral, documentación, lexislación, malas prácticas, mobiliario urbano e pavimentos, situación actual, localizar recintos, consultar percorridos (accesibles ou non), realizar presupostos, e visualizar propostas.
http://www.accesigma.com

Axudas á comunicación

Edición: 25 de Setembro de 2007 por Felo.

1ª Imaxe do obradoiro 'GoTalk'[D-170-1]

Por fin chegou!! Aínda que moitas e moitos de vos xa o coñecedes, é mais difícil atopalo no traballo na discapacidade intelectual, sobre todo en rapaces con grandes necesidades de apoio. Chámase GoTalk e constitúe unha das liñas do traballo da clase este curso, polo de agora é unha boa ferramenta que incrementa a atención, a motivación e o xogo (ademais da comunicación, claro), xa que na clase eliximos as imaxes entre todos, imprimimos as plantillas, gravamos os sons… e coordinámonos coa logopeda e coa familia.

Gracias a todos polo esforzo, agardo unhos bos resultados ao remate do curso.

2ª Imaxe do obradoiro 'GoTalk'[D-170-2] 3ª Imaxe do obradoiro 'GoTalk'[D-170-3]

BETT 2008, special needs

Edición: 20 de Setembro de 2007 por Felo.

Logotipo do BETT. [D-167]

Seica é o evento educativo europeo por excelencia e a verdade que no seu apartado de necesidades especiais un pérdese en gadgets, programas, comunicación móbil, encerados dixitais, ergonomía, aparellos braille, lectores de textos, comunicación aumentativa e un longo etcétera…

Grazas ao “baixo coste” algunha ou algún animarase a pasear por Portobello Road do 9-12 de xaneiro, avisade… ;)

La accesibilidad en Valencia

Edición: 17 de Setembro de 2007 por Luluxa.

La Generalitat Valenciana y la Universidad de Valencia impulsan la accesibilidad en Internet

La Generalitat valenciana y la Universidad de Valencia ultiman el “Plan NavigAbile”, un proyecto de investigación dirigido a personas con trastornos de la comunicación para que puedan tener un mejor acceso a las nuevas tecnologías.

La Universitat está desarrollando el proyecto denominado “NavigAbile: e-inclusión para personas con trastornos de la comunicación” , financiado por el programa eTen de la Unión
Europea.

Este proyecto tiene como objetivos fundamentales experimentar una nueva generación de sistemas de comunicación alternativa basados en la web que permita a las personas con trastornos de la comunicación mejorar su comunicación y socialización, eliminando o aminorando la brecha digital.

“NavigAbile” es un sistema basado en Internet dirigido a proporcionar un modo innovador de acceso a los contenidos web para niños y jóvenes afectados por discapacidades motoras, mentales o de comunicación.

Para el desarrollo del convenio, la Universidad se encargará del asesoramiento en el desarrollo de un portal paralelo accesible y en la adaptación a la herramienta de NavigAbile y realizará la aplicación de los test de accesibilidad correspondientes y la corrección de los posibles errores.

Por su parte, la Generalitat creará un sitio web accesible con contenidos propios de la Consejería de Bienestar Social y de interés para las personas con discapacidad.

Para que no se olviden

Edición: 8 de Setembro de 2007 por Abraham.

para no olvidar[D-164]

ParaQueNoSeOlviden.com é unha web que manten un arquivo de alguns antiquísimos libros de Plesa/SM que toda unha xeración (anos 60-70) recordará, porque marcaron unha época. Estas xoias da educación infanto-xuvenil están fora de cátalogo e non se poden mercar nin se van a reeditar.

Na galería pódense ver todos eles. Persoalmente, a colección “Cómo hacer…” foi a miña favorita, herdanza do meu irmán maior :) , o libro de como facer xoguetes que funcionan marcou, sen dúbida, a miña andaina de remexer neles.
E os vosos???