Logotipo de TADEGa.net




Artigos do mes de Agosto de 2007

Coid-arte

Edición: 31 de Agosto de 2007 por Felo.

Leo na folla parroquial da Coruña que a Vicepresidencia da Xunta convocou o concurso Coid-arte, que premiará a creatividade dos traballos fotográficos das persoas dependentes e as boas prácticas de entidades públicas e privadas que promovan a autonomía persoal e a atención á dependencia. A convocatoria, publicada hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG), indica que Coid-arte estará dividido en dúas modalidades, o concurso de fotografía e o de boas prácticas.

A finalidade deste concurso é, segundo a publicación do DOG, é fomentar a participación das persoas en situación de dependencia «posibilitando un marco de exposición das súas inquietudes artísticas» e divulgar as iniciativas de entidades que promoven a autonomía e a atención ás situacións de dependencia.  coid-arte

Pero, ¿Que é un blog?

Edición: 30 de Agosto de 2007 por Abraham.

Da man do compañeiro Joan Planas temos respotas varias a unha sinxela pregunta:
Pero… que diaños é un blog?

[D-160]

Mmmm…seguro que as “interviews” en Galicia serían moi diferentes non si?

Vagabundo Dixital

Edición: 21 de Agosto de 2007 por Abraham.

'wifibeach' ou inalámbrica na praia.[D-159] Pois si, de roteiros polo mediterráneo, de aquí para acolá decateime de que non podo vivir sen conectarme, alomenos un pouquiño cada día, asi que alí onde estaba facía un barrido da zona e “bingo“, algun “fonero” caritativo deixábame “chucharlle” o seu ancho de banda; caridade en forma de bits!!! :)

Wifi en todas as partes, no coche, na rúa, nun bar, na praia,…contáronme que nun barco tamén existía, así que en caso de afundir sempre poderías mandar unha mensaxe aínda que non sexa nunha botella.
Se queredes vola canto:

Ata onde chegaremos!!!.
Aínda que o máis sorprendente non é iso, falando, falando nesas noites longas estivais decatábame de que aínda así estamos “enganchados” por “cordóns umbilicais” eléctricos, “aínda dependemos de cables para nutrir os nosos aparatos?”, dixen. “Pois coido que xa non”, respondéronme, a electricidade sen cables xa chegou !!!!
Increíble!!!

Formación TIC para lesionados medulares no Hospital

Edición: 4 de Agosto de 2007 por Felo.

Logotipo do E-Hospital [D]

E-Hospital é un proxecto financiado pola Comisión Europea no marco o programa Socrates/Grundtvig1, no que participan institucións educativas de Austria, Francia, Alemaña, Polonia, España e Suíza, baixo coordinación da institución austríaca Die Berater. Por parte española participan o Grupo de Innovación e Tecnoloxía Educativa da Universidade de Santiago de Compostela e a área de e-learning do Centro de Supercomputación de Galicia, ademais da colaboración do Complexo Hospitalario Universitario Juan Canalejo da Coruña, onde levouse a cabo a experiencia.

Este proxecto ten como un dos seus principais obxectivos analizar o papel do e-learning (aprendizaxe electrónico) na formación a adultos hospitalizados de longa duración. Tras as experiencias de e-learning, elaborarase unha guía de boas prácticas con recomendacións para educadores que queiran traballar neste campo.

Esta é unha experiencia educativa pioneira, posto que non existe ningunha investigación similar a nivel mundial no ámbito da formación de adultos en institucións hospitalarias, posta en práctica de modo simultáneo entre setembro de 2006 e maio de 2007 nos seis países que participan no proxecto con características diferenciais entre eles. No caso de España, impartiuse un curso de 5,5 créditos, recoñecidos pola USC, centrado en aspectos básicos de informática e ofimática
(“Curso básico de Tecnoloxías da Información e das Comunicacións para a alfabetización digial”).

No marco desta experiencia, no caso español, durante a realización do curso piloto, formáronse a 13 pacientes da Unidade de lesionados Medulares do Hospital Juan Canalejo da Coruña. O próximo mes de setembro a Universidade de Santiago de Comopostela outorgará os correspondentes certificados a todos os alumnos participantes nesta iniciativa.

Froito da experiencia educativa exitosa levada a termo tanto a partir do punto de vista dos alumnos como das profesionais médicos e pedagogos, as institucións españolas participantes no mesmo contemplan a ampliación ampliar do marco da experiencia máis alá do proxecto europeu.

Para máis información, envíen un correo electrónico a e-learning@cesga.es ou visiten a páxina Web do proxecto: http://www.ehospital-project.net