Logotipo de TADEGa.net




Artigos do mes de Xuño de 2007

EDIGa…Encerado Dixital Interactivo de Galicia

Edición: 22 de Xuño de 2007 por Abraham.

Hoxe pola mañá chegoume isto ao correo:

Ediga[D]

Estimados compañeir@s
Acaba de ver a luz unha nova experiencia que un grupo de docentes de diferentes lugares de Galicia intentamos levar adiante sobre o traballo que realizamos cos Encerados Dixitais Interactivos.

Trátase de EDIGA (http://www.ediga.net/ ).

Pretendemos que este sexa un punto de encontro, un lugar onde poidas atopar información, ver o que fan compañeiros e compañeiras doutros centros, onde intercambiar opinións, actividades, tarefas, formación,… esperamos dar resposta a todas as dúbidas que teñas.
Pero o máis importante é que esperamos que participes, colabores, aportes cousas, opines… todo o que ti queiras. Podes inscribirte dende o propio blog ou ben colaborar dende o apartado Colabora con nós.

Gracias por deixarnos entrar un anaquiño no teu ordenador e esperamos volvera verte.

EDiga (grupo de usuarios de Encerado Dixital Interactivo de Galicia)

Coido que é unha proposta moi interesante, aínda que vaia teima ten a xente en asociarse…¿non creedes? :)

Nota: Alguén sabe algo máis disto???? :)

Autobombo!!! TADEGA en C&P

Edición: 20 de Xuño de 2007 por Abraham.

Revista Comunicacion y Pedagogía. [D]

No último número de “Comunicación y Pedagogía” Nº 219, monográfico adicado as necesidades educativas especiais, temos unha presencia máis que digna:

- Juan Jose Fernández García falanos de TADEGa.net.
- Antonio Ovidio e Jose Luis Barreiro da formación en, por e para a accesibilidade web.
- Feliciano Jose Couto amosanos a súa premiada bitácora “A Clase Blanca”.

Todos eles, membros de TADEGa, contribúen cientifica e experiencialmente no desenvolvemento de novos paradigmas e enfoques na maneira de entender a diversidade.

Parabéns compañeiros!!!

“Calcwav”. A calculadora que fala… Galego!!!

Edición: 18 de Xuño de 2007 por Abraham.

CalcWav[D]

Xa temos en liña outra colaboración de TADEga, o Calcwav, un dos moitos materiais educativos que podemos atopar en http://www.xtec.es/~jfonoll/index.htm.

Pero agora na súa versión en GALEGO.

En palabras do seu autor, J. Fonoll:

“Calcwav es una calculadora que habla. Por su presentación y versatilidad puede adaptarse a discapacidad visual y motora.

Se puede enfocar su empleo con un teclado con relieve para personas con ceguera. Si se maximiza la pantalla pueden verse teclas muy grandes y se facilita su uso con una pantalla táctil o pizarrón interactivo (Enciclomedia) para personas con disminución visual. Por otra parte, posee opciones de barrido automático para ser usado por personas con discapacidad motora a través del uso del teclado o un pulsador.”

Nota 1. Agrádecese que atopemos erros na devandita ferramenta.
Nota 2. (19/06/07) Seica agora ata a imaxe e 100% galega ¿non si?.

Máis información sobre recursos para as necesidades educativas especiais http://www.xtec.es/dnee/index.htm

XV Congreso Mundial de la Federación Mundial de Personas Sordas

Edición: 15 de Xuño de 2007 por Felo.

El objetivo de este acontecimiento de carácter mundial es doble: identificar las necesidades de las personas sordas y elaborar el programa que aplicarán el Consejo y la Secretaría General durante los siguientes cuatro años. Los grandes protagonistas de estas jornadas de intercambio político, cultural y social son las delegadas y delegados oficiales de cada país miembro que, junto a las autoridades políticas y a los representantes de las entidades que apoyan a la Comunidad Sorda, dan forma y vida a esta cita fundamental para la comunidad sorda.  Madrid del 16 al 22 julio

Más información: www.wfdcongress.org 

ROBOBRAILLE: A Pan European Email Agent for Braille and Text-to-Speech Translation

Edición: 10 de Xuño de 2007 por Juan.

Trátase dun servizo e-mail para persoas con deficiencia visual, dislexia e calquera outra condición que dificulte a lectura. Co Robobraille poderás:

  • Traducir os documentos a Braille contraído
  • Traducir documentos a voz (arquivo de son)
  • Traducir texto a Braille visual (tipo de letra), etc .

Mais información na web de ROBOBRAILLE

El modelo de la diversidad

Edición: 9 de Xuño de 2007 por Luluxa.

Tedes que ler este libro. Aproveitade nestas vacacións.Trátase do novo modelo teórico, o Modelo da Diversidade, que da respostas a problemas actualmente non resoltos.

Para ir abrindo boca, mando un resumo (en fin, ten 15 páxinas) sacado dunha comunicación que fixo Romañach para un congreso.

Resumen ”el modelo de la diversidad”

Artículo completo “El modelo de la diversidad” (Javier Romañach)