Logotipo de TADEGa.net




Artigos do mes de Marzo de 2007

Ante todo pulcritude…

Edición: 30 de Marzo de 2007 por Abraham.

<—inicio do documento—> ;)

Mr. Proper Juan[D]

O tema das ferramentas web ten o seu aquel… a verdade, a primeira vista, o deseño dunha ferramenta ou páxina é o que máis impacta pero o importate está na porta traseira, no backdoor, os códigos, as linguaxes de programación.

Ajax, php, css, html, asp, cgi, xml, swf, java…

Familias é familias deles que dependendo do seu bo uso a ferramenta optimizarase en operatividade e funcionalidade.

Moreas e moreas de códigos respaldan as nosas páxinas preferidas que de maneira constante necesitan un mantemento, unha corrección, unha limpeza!

Moito sabe desto o noso compañeiro Juan; da xente que coñezo é o máis “limpo” en isto de traballar con códigos, o “Mr. Proper” da web, as sentenzas, variables, operadores… limpiñas de toda faragulla de código lixo ou de estándares poco convencionais… todo en aras a iso… da accesibilidade (http://www.xunta.es/accesibilidade), concepto que ten o seu recoñecemento no premio devandito (www.premioseganet.com) e do cal un altísimo peso específico ten este “tadeguiano”.

Ferramentas en aras a unha maior accesibilidade temos a moreas (http://www.w3.org/WAI/ER/tools/complete), aínda que particularmente gosto moito do firebug (http://www.getfirebug.com) pola súa sinxeleza e integración.

Con todo o componente humano é ineludible. A accesibilidade é pois un constructo para persoas feito por persoas.

Nota: Esperemos que o noso compañeiro sexa tan pulcriño en tódolos eidos da vida, deberás ser unha xoia!

<—fin do documento—>

TADEGa.net, premio EGANET 2007

Edición: 30 de Marzo de 2007 por Juan.

Logotipo oficial dos premios EGANET 2007 [D]

Estamos de noraboa. TADEGa.net recibiu onte (29/3/2007) o premio EGANET 2007 na modalidade de tecnoloxía accesible. Das 163 candidaturas quedaron 27 finalistas, e de éstas, os 10 premios finais. Por cuarto ano consecutivo, a Asociación de Empresas Galegas Adicadas a Internet e as Novas Tecnoloxías convoca estes Premios EGANET (www.eganet.org - www.premioseganet.com), continuando deste xeito a premiar os proxectos de empresas e profesionais galegos que traballan en prol do desenvolvemento do sector TIC na nosa comunidade.

Os nervos de Antonio e meus eran moitos aínda que o premio deixounos descolocados pois non contabamos con que os ollos dos grandes caeran sobre iste novo grupo tan cheo de ilusións por facer da simbiose entre as TIC e a atención á diversidade un mundo de ferramentas fecundas para todos.

Sexa como fose, a responsabilidade que gañamos co premio tamén é importante e o reto que se nos achega tomámolo con novo pulo.

Antes de rematar esta boa nova, quería dar os lóxicos agradecementos ás moitas persoas que están detrás de todos estes esforzos:

  • A Abraham, o cacharreiro tecnolóxico maior desta bitácora e con quen comparto case que a diario o peso de ter a web ao día.
  • A Antonio polos seus desvelos e suxestións, compañeiro de fatigas de TADEGa. Nos seus miolos estivo a idea primixenia deste grupo.
  • Aos magníficos compañeiros e amigos do TecnoNEEt, inspiradores maiores da semente de TADEGa, e da urxencia da accesibilidade web, non como un ornamento artístico, senón como a única resposta posible á dignidade das persoas con discapacidade. E, dun xeito especial, aos grandes amigos con maiúsculas Javier, Manolo, Emilio… e sen deixar atrás a ningún dos grandes deste equipo: Domingo, Mª Dolores, Mª José…
  • A todas e todos os membros de TADEGa para quen se constrúe todo isto.
  • A Marisa e María arquitectas maiores dunha vida ilusionada e ilusionante por un mundo con máis vida para todos.

Fontes, fontes, e máis fontes

Edición: 26 de Marzo de 2007 por Abraham.

Co gallo dun curso sobre “As TIC e o profesorado de apoio” celebrado a primeiros de mes (marzo de 2007) polo CFR da Coruña (coordinado por Javier Rouco) falamos de todo un pouco, pero unha das necesidades máis acusadas seica foi iso, fontes para o uso escolar e o desenvolvemento da grafía. Así poís visitamos bancadas de “types” como por exemplo:

Todas elas estupendas para experimentar con fontes ou Dingbats. Pero sen ir moi lonxe, no famoso CNICE, tiñamos xustamente o que necesitabamos, no seu observatorio podemos ver o proxecto, “Mis primeras fuentes“:

Exemplo de fonte escolar do CNICE [D]

Aínda que se decidimos que nolo den todo feito en plantillas para a aprendizaxe da grafía, poderíamos visitar un par de xoias:

¿Algún aporte máis? :)

Nota: para aqueles e aquelas que estean a utilizar a PDI, que saiban que o OCR da suite do Smart Board na súa última versión (setembro do 2006) é bastante potente ao igual ca o do Office 2007, recursos interesantes para plantexar actividades de grafomotricidade/escritura na aula. Para mostra, este vídeo: [D]

Seica temos Blidget propio

Edición: 23 de Marzo de 2007 por Abraham.

O tema dos widgets revolucionou, revoluciona e revolucionará a blogosfera ( blog + widget = blidget ), xa non temos que facer filigranas co deseño e encher abondosas liñas de código para decorar, comunicar ou reformar a nosa web, aquí si que ten cabida o malogrado WYSIWYG que tanto se prodiga nas ferramentas da rede.

Un TADEGa de peto para que estes á última das novas, para que o sindiques, para que o vexas no móbil, para que leves de viaxe ;) .

Xa non tes excusa para non estares informado!!!! [D]

Ao fin, síntese de voz en galego

Edición: 22 de Marzo de 2007 por Juan.

Imaxe do CD coas voces en galego para o JAWS. [D]

Dentro da ONCE moita xente leva moito tempo loitando para que a síntese de voz (entre elas o Jaws) nos falen en galego, catalán e euskera. Ao fin conseguiuse, creouse un CD con distintas voces, non son unha marabilla, pero… mellor que nada… A información respecto diso que nos chega do CIDAT (Centro de Investigación, Desenvolvemento e Aplicación Tiflotécnica) da ONCE é a seguinte:

http://cidat.once.es/home.cfm?excepcion=52&idproducto=280&idseccion=10

Voz de Telefónica I+D é unha síntese compatible con programas que traballan con SAPI 4.0, como podan ser: Jaws, ZoomText ou LectoText. É capaz de falar con dúas voces en castelán chamadas Miguel e Ana, unha en catalán chamada Jordi, unha en euskera chamada Julen e outra en galego chamada Xoan. SAPI, de Speech Application Programming Interface (Interfaz de programación de aplicacións de fala), é un conxunto de ordes a baixo nivel de código máquina que permite aos programadores de aplicacións facer programas sen necesidade de ter que escribir ordes especiais cada vez que teñan que facer que o ordenador fale.

Xa temos o noso propio IBSN

Edición: 21 de Marzo de 2007 por Juan.

IBSN: Internet Blog Serial Number 981-982-986-8 [D]

Pois si, xa temos o noso propio IBSN (Número de Serie de Blogs de Internet) que identifica inequívocamente na Internet calquera dos documentos que aquí se publiquen (equivalente aos ISBN dos libros e aos ISSN de revistas e xornais).

Veredes ademais que acadamos unha numeración simpática (os prefixos telefónicos das 4 provincias galegas agás Ourense que nos quedamos coa última, mágoa porque o IBSN debe conter 3 guións e 10 díxitos).

Recoméndase aos curiosos na materia, ver o que a Wikipedia pon sobre o IBSN (non ten desperdicio) no enlace (http://es.wikipedia.org/wiki/IBSN) e así como o xeito de conseguir un IBSN para un blog no enlace (http://ibsn.org/es). De todos modos, débese lembrar que o IBSN é só para cadernos de bitácora e non para ningún outro tipo de documentos electrónicos e só un para cada bitácora.

Quen sabe? Ao mellor tamén poderíamos acadar un ISSN e, polo tanto, facer que os artigos publicados sexan rexistables a baremables en prol dos seus autores.