A rede e a súa Accesibilidade
Edición: 28 de Febreiro de 2007 por Abraham.
¿Tomamos nota?
[D]
Edición: 17 de Febreiro de 2007 por Abraham.
Vía CODIGOCERO.
[D]
Dende agora, grazas a un acordo internacional (www.DiarioSigno.com) asinado pola Asociación Española de Normalización e Certificación (AENOR), o Centro Tecnolóxico da Información e a Comunicación (CTIC), e o Instituto Europeo de Software (ESI Tecnalia), as páxinas e portais existentes en Internet poderán optar a un certificado de calidade que acredite a súa accesibilidade establecida conforme ás normas. Combinando sistemas de revisión automática (véxase o exemplo de TAW) con metodoloxías de inspección manual para asegurar que cumpren en todo momento coas pautas de accesibilidade e (de ser así), achegar un selo de excelencia a súa presenza en Internet.
Esta nova certificación servirá ademais como guía de apoio á hora de definir os requisitos de contratación e como distintivo de confianza para os usuarios.
Edición: 16 de Febreiro de 2007 por Abraham.
[D]
O banco de imáxes do CNICE acábase de renovar. Incorporaron unha interfaz máis intuitiva ampliando as súas posibilidades de búsqueda por categorías (niveis, áreas, seccións…) e tamén por palabras clave. O cheiro a web 2.0 queda en iso, posto que os cambios tampouco son tan espectaculares; de todas formas, son moitos os recursos que teñen catalogados nos diferentes formatos para o seu uso na aula: fotografías, ilustracions, vídeos, animacions e sons.
O interesante de todo isto e que incorporaron a licenza Creative Commons ó banco, xa era hora. ¡Noraboa!
Edición: 15 de Febreiro de 2007 por Abraham.
Coido que sempre é difícil comezar a poñer o primeiro post, afrontar a páxina e branco faite dubidar sobre o que tes ou debes dicir e se debe ser relevante ou non.
[D]
Pois comezamos con material práctico para o uso diario na aula.
De sempre os problemas de razoamento e cálculo son unha constante en tódolos niveis da escolarización obrigatoria (e non obrigatoria;
o sentido común nestes tempos anda un pouco feble)… de sempre andamos a facer retallos con fotocopias de aquí e acolá, facendo os nosos Frankensteins de materiais.
Así poís temos grazas a QUINZET un material precedido coa seguinte declaración de intencións:
“Durante más de quince años muchas escuelas han experimentado el tratamiento del cálculo mental a partir de series graduadas propuestas por el Quinzet. Este proyecto consiste en una nueva metodología del tratamiento del cálculo global a partir de la propuesta sistemática de series de colecciones de cinco problemas de cálculo mental, que el educador/a propone a la clase dos veces por semana como mínimo, y de unas pruebas de diagnóstico que permiten evaluar el proceso de aprendizaje y maduración de los alumnos. En este libro encontraremos más de 3800 problemas graduados para utilizarlos desde los 3 años hasta el segundo ciclo de Educación Secundaria.“
Descargas: (deshabilitadas por petición expresa)
Cálculo Mental Vol.1 (pdf. 467 KB)
Cálculo Mental Vol.2 (pdf. 366 KB)
Cálculo Mental Vol.3 (pdf. 391 KB)
Cálculo Mental Vol.4 (pdf. 399KB)
Nota: (05 de maio do 2007) para a súa descarga é necesario facer unha solicitude a QUINZET.
Edición: 15 de Febreiro de 2007 por Juan.
[D]
Ben, como hai que empezar por algún lado, e como a historia de como naceu TADEGa débese gardar nalgures antes de esquecela (por se a fama se nos sube á cachola e despois precisamos de botar man dos datos para soltalos nunha rolda de prensa
) pois será bo tela aquí escrita.
Todo isto foi o máis salientable que aconteceu dende a primeira idea de TADEGa ata a creación deste caderno de bitácora. De aquí en adiante… xa nos podedes ir lendo.
E Isto é todo amigos
Edición: 13 de Febreiro de 2007 por Juan.
[D]
Meu deus! Isto é unha proba nada máis… e o que a aínda queda por aprender! Está claro que hai que botarse a andar e trabucarse de cando en vez. É o único xeito de medrar. Así que aló imos.
Ben, sabede que iste é o meu primeiro artigo nunha bitácora. E é toda unha aventura.
Acabados os preliminares do conto, pasemos ao que importa: aquí tedes a bitácora de TADEGa.net que imos adicar entre todos nós a contarvos: as noticias, as reflexións, os recursos da rede e todo o relativo ao uso das TIC na atención á diversidade (e tamén, por qué non, ata os pequenos relatos da historia de TADEGa).