Arasaac

Pictograma ARASAAC de estudar.

A letra “Sarakanda”. Ao fin realidade!

0

Toda unha sorpresa

Levo dende o 25 de xaneiro de 2009 rastrexando na rede cada certo tempo na procura dun tipo de letra especial chamado Sarakanda. Todo a raíz da publicación nesta mesma web (http://tadega.net/?p=678) do artigo no que se falaba deste tipo de letra especial deseñado para facilitar a lectoescritura no alumnado afectado por dislexia.

Imaxe do tipo de letra "Sarakanda".

Imaxe alegórica do tipo de letra coñecido como Sarakanda destacando as súas peculiaridades como os trazados dos extremos das letras para dar sensación de certa inclinación, etc.

A letra SARAKANDA

Trátase dun tipo de letra deseñado dun xeito moi especial para evitar ao máximo calquera tipo de confusión e un sinfín de detalles que se poden ler con calma no artigo citado e, cuxo deseño e creación, ten por autor a Alejandro Valdez Sanabria quen desenvolveu este traballo como a súa tese de grao.

O caso é que estamos xa no ano 2013 e a procura seguía sen éxito ata que onte, e sen demasiadas pretensións apareceu unha pista nas pescudas da Internet: un enlace a un programa educativo coñecido como ADAPRO e con orixes algo curiosas como o ITER que ven sendo un acrónimo de Instituto Tecnológico de Energías Renovables das Illas Canarias, quen debeu patrocinar este proxecto, ou así cabe deducir da súa web.

Notas aclaratorias

Engadiremos neste artigo unha serie de enlaces para unha información máis en detalle.

Por outra banda debo aclarar que o tipo de letra incluído no programa ADAPRO do que aquí se fala, e que leva por nome Sarakanda, ten un parecido moi notable ou é case idéntico na súa apariencia ao que Alejandro Valdez creou polo que cabe agardar que o programa ten a licenza correspondente.

O programa ADAPRO

Captura de imaxe do programa ADAPRO.

Captura de imaxe do programa ADAPRO cunha vista parcial do seu procesador de textos usando os pictogramas de ARASAAC.

O programa tamén é para non perdelo de vista: situándose no grupo de procesadores de texto simples preparados para visualizar indistintamente o propio texto ou o texto con pictogramas (neste caso os de ARASAAC) engadindo algunha funcionalidade extra bastante chamativa:

  • Trátase dun procesador de textos multi-usuario (leva conta de múltiples usuarios para os que un terapeuta pode adaptar de diversos xeitos o seu funcionamento).
  • Pensado especialmente para persoas usuarias con trastornos de aprendizaxe ou de desenvolvemento como a dislexia o autismo (así se traduce do inglés da súa presentación).
  • As funcionalidades son moi chamativas:
    • Instala no noso ordenador o tipo de letra Sarakanda de regalo. (A procura na que eu andaba).
    • Programa de software libre: Mozilla Public License 2.0 (MPL-2.0).
    • Consta dun procesador de textos adaptado con interesantes funcionalidades:
      • Procesador co tipo de letra Sarakanda por defecto.
      • Opción a automatización dos pictogramas de ARASAAC no procesador.
      • Opción a colorear as letras: p, b, d, e q como reforzo en casos de dificultades por dislexia.
      • Opción a cambiar a cor de fondo do texto.
      • Inserción de 2 teclados virtuais.

E agora que?

Despois da alegría deste encontro inesperado, toca facer outra procura do máis interesante (e que foi o niño de toda esta historia) ¿Poderíamos atopar un xeito para que a nosa web amosase este tipo de letra por defecto con opcións alternativas a outros tipos de letra, e así incrementar a accesibilidade web do noso sitio, incluso como exemplo para outros? Así que xa sabedes onde andarei fouzando proximamente.

Máis información

Sobre os elementos e os sitios da rede mencionados:

 

Caderno de apoio á comunicación co paciente (actualizado)

0

Cuaderno de apoyo a la comunicación con el paciente

coordinado polo CEAPAT e con pictogramas de ARASAAC

Iste é un dises documentos dos que darán moito que falar, e moi bien, nos próximos meses, xa que supón un avance mais na sensibilización dos distintos sectores sociais cara as persoas con dificultades para comunicarse. E que cada vez existe un maior nivel de concienciación social sobre a necesidade de empregar sistemas de comunicación en todos os entornos habituais donde desenvolvemos a nosa vida cotiá. Un desos entornos donde se fai necesaria unha comunicación axeitada é precisamente, o ámbito médico.

Así que gracias ao Ceapat-Imserso e a partires dun libro de comunicación sobre a saude deseñado desde ARASAAC, temos o primeiro resultado do proxecto Yo te cuento, cuenta conmigo, que é o Cuaderno de apoyo a la comunicación con el paciente, un material especialmente deseñado para facilitar a comunicación no entorno hospitalario e nas consultas médicas.

Lámina de pictogramas: que te pasa.

Varias láminas de exemplo.

Lámina de pictogramas: quiero preguntar sobre.

Actualización do 10 de decembro de 2012

Versión en galego por Mª Cruz da Silva Rubio

Foto da carta asinada por TADEGA co apoio á candidatura de ARASAAC

Carta de apoio candidatura ARASAAC

0

Carta de apoio á candidatura aos Premios Príncipe de Asturias do
Portal Aragonés da Comunicación Aumentativa e Alternativa –ARASAAC-

 

Ista é a nosa pequena achega aos compañeiros de ARASAAC. Son un exemplo de superación e esforzo en prol dos dereitos das persoas con diversidade funcional. Non podemos esquecer que son a voz de millóns de persoas e unha ferramenta que evoluciona diariamente gracias á colaboración de persoas de todo o mundo, unidos baixo a mesma Lingua.

Foto da carta asinada por TADEGA co apoio á candidatura de ARASAAC

Foto da carta asinada por TADEGA co apoio á candidatura de ARASAAC

 

Gracias a iniciativas como ista, dispoñemos tamén co noso apoio, de todo o banco de pictogramas e imaxes ARASAAC en Galego porén do resto de accións en galego no Portal e todo distribuíndose de xeito libre baixo licencia Creative Commons (BY-NC-SA)

 

Parabéns

Se pertences a un colectivo ou Asociación, dende TADEGa convidámosvos a que do mesmo xeito valoredes dar o voso apoio á candidatura ARASAAC asinando o presente documento. Carta de APOYO

cartel jornadas por dereito

Xornada Por Dereito

1

I Xornada Por Dereito

cartel jornadas por dereito

Cartel Jornadas por dereito

Temos o pracer de comunicarvos que Por Dereito vai celebrar as súa primeira xornada co título “Ferramentas para a Inclusión” co apoio inestimable do Concello da Illa e a Plataforma Inclusión TEA Sí.
O obxectivo é precisamente dar a coñecer ferramentas útiles para a inclusión real e efectiva das persoas con TEA e outras diversidades en tódolos ámbitos da vida: educativo, social e laboral.

Aquí vos deixamos o cartaz da Xornada e o tríptico

Ligazóns

Diptico jornada

Formulario de Inscrición

http://www.pordereito.blogspot.com/

Ir arriba