Accesibilidade
Artigos que mencionan directa ou indirectamente a accesibilidade web aportando diferentes puntos de vista ou formación.
A letra “Sarakanda”. Ao fin realidade!
0Toda unha sorpresa
Levo dende o 25 de xaneiro de 2009 rastrexando na rede cada certo tempo na procura dun tipo de letra especial chamado Sarakanda
. Todo a raíz da publicación nesta mesma web (http://tadega.net/?p=678) do artigo no que se falaba deste tipo de letra especial deseñado para facilitar a lectoescritura no alumnado afectado por dislexia.

Imaxe alegórica do tipo de letra coñecido como Sarakanda
destacando as súas peculiaridades como os trazados dos extremos das letras para dar sensación de certa inclinación, etc.
A letra SARAKANDA
Trátase dun tipo de letra deseñado dun xeito moi especial para evitar ao máximo calquera tipo de confusión e un sinfín de detalles que se poden ler con calma no artigo citado e, cuxo deseño e creación, ten por autor a Alejandro Valdez Sanabria quen desenvolveu este traballo como a súa tese de grao.
O caso é que estamos xa no ano 2013 e a procura seguía sen éxito ata que onte, e sen demasiadas pretensións apareceu unha pista nas pescudas da Internet: un enlace a un programa educativo coñecido como ADAPRO
e con orixes algo curiosas como o ITER
que ven sendo un acrónimo de Instituto Tecnológico de Energías Renovables
das Illas Canarias, quen debeu patrocinar este proxecto, ou así cabe deducir da súa web.
Notas aclaratorias
Engadiremos neste artigo unha serie de enlaces para unha información máis en detalle.
Por outra banda debo aclarar que o tipo de letra incluído no programa ADAPRO
do que aquí se fala, e que leva por nome Sarakanda
, ten un parecido moi notable ou é case idéntico na súa apariencia ao que Alejandro Valdez creou polo que cabe agardar que o programa ten a licenza correspondente.
O programa ADAPRO

Captura de imaxe do programa ADAPRO cunha vista parcial do seu procesador de textos usando os pictogramas de ARASAAC.
O programa tamén é para non perdelo de vista: situándose no grupo de procesadores de texto simples preparados para visualizar indistintamente o propio texto ou o texto con pictogramas (neste caso os de ARASAAC) engadindo algunha funcionalidade extra bastante chamativa:
- Trátase dun procesador de textos multi-usuario (leva conta de múltiples usuarios para os que un terapeuta pode adaptar de diversos xeitos o seu funcionamento).
- Pensado especialmente para persoas usuarias con trastornos de aprendizaxe ou de desenvolvemento como a dislexia o autismo (así se traduce do inglés da súa presentación).
- As funcionalidades son moi chamativas:
- Instala no noso ordenador o tipo de letra Sarakanda de regalo. (A procura na que eu andaba).
- Programa de software libre: Mozilla Public License 2.0 (MPL-2.0).
- Consta dun procesador de textos adaptado con interesantes funcionalidades:
- Procesador co tipo de letra Sarakanda por defecto.
- Opción a automatización dos pictogramas de ARASAAC no procesador.
- Opción a colorear as letras: p, b, d, e q como reforzo en casos de dificultades por dislexia.
- Opción a cambiar a cor de fondo do texto.
- Inserción de 2 teclados virtuais.
E agora que?
Despois da alegría deste encontro inesperado, toca facer outra procura do máis interesante (e que foi o niño de toda esta historia) ¿Poderíamos atopar un xeito para que a nosa web amosase este tipo de letra por defecto con opcións alternativas a outros tipos de letra, e así incrementar a accesibilidade web do noso sitio, incluso como exemplo para outros? Así que xa sabedes onde andarei fouzando proximamente.
Máis información
Sobre os elementos e os sitios da rede mencionados:
- Artigo orixinal de Alejandro Valdez sobre
Sarakanda
: AlejandroValdez.me - A web oficial do programa
ADAPRO
: adapro.iter.es - A web de SourceForge para a descarga gratuíta do programa: sourceforge.net
- Presentación na web de SlideShare sobre como funciona
ADAPRO
: slideshare.net - A web da licenza do programa: opensource.org
A formación do profesorado na diversidade
0Unha investigación da USC advirte da falla de preparación do profesorado universitario fronte a alumnado con discapacidade

A integración real e efectiva de estudantes con discapacidade nas universidades é unha realidade, tamén constatable na USC, que obriga a continuar incrementando os esforzos para mellorar a atención educativa que reciben así como fomentar actitudes favorables de cara a eles.
Así o constata a investigación ‘Integración educativa e social dos estudantes con discapacidade na Universidade de Santiago de Compostela’ que realizou o pasado curso a doutora pola USC e compañeira de TADEGA Emma Mayo Pais e que foi presentado no I Congreso Internacional Universidade e Discapacidade.
Dende este espazo non podemos mais que felicitar a Emma pola súa laboura investigadora e, entre todos, reclámar maiores recursos para poder ofrecer una formación de calidade
Para saber mais
- Enlace 1: Recorte de Prensa no xornal da propia USC.
- Enlace 2: Recorte de Prensa no xornal o Progreso.
- Enlace 3: Recorte de Prensa no xornal La Voz de Galicia.
Ferramentas TIC e multimedia nas aulas. CULTURGAL
0Dende o 30 de novembro ao 2 de decembro, pónse en marcha Culturgal 2012, “Feira das Industrias Culturais” baixo o lema “A casa da cultura galega é a túa casa. Ti tes a chave” no Pazo da Cultura de Pontevedra.

O programa e inmenso, a asistencia prevista tamén moi alta, e entre os seus contidos atopamos unha serie de experiencias co título “Ferramentas TIC e multimedia nas aulas. Experiencias” Alí estará TADEGa para falar de que a atención á diversidade tamén merece o seu espazo nestes encontros, para falar de “Xandre, o elefante sen sombra” e outros contidos de interese para facer ver que falar de cultura e falar de educación pódese facer sempre que as persoas con diversidade funcional estén presentes, pero incluíndo tamén as súas necesidades, a súa cultura e incluíndonos uns aos outros.
Mais información:
- Enlace ás TIC do Culturgal: Culturgal_TIC
- Enlace á web do Culturgal: www.culturgal.com
I XORNADAS DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE
0Coñeces a normativa que regula a atención á diversidade do alumnado dos centros docentes na Comunidade Autónoma de Galicia? Empregas metodoloxías, estratexias e propostas de intervención da comunidade educativa e outros organismos e institucións favorecedoras da inclusión?.
Porque istes aspectos serán algúns dos que se darán cumprida resposta nas I Xornadas de Atención á Diversidade o día 24 de novembro na EGAP (Santiago de Compostela), de 9:00 a 20:30, organizadas polo Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI)

TADEGa estará nas Xornadas e despois farémosche un resumo dos temas principais e do que alí se traballou.
Tes máis informacion no enlace do CAFI: http://www.edu.xunta.es/centros/cafi/node/559
Nota posterior do 25 de novembro
Enlace aos contidos para descargar da aula Moodle do CAFI: edu.xunta.es/centros/cafi/aulavirtual/course/view.php?id=309