iPad
2 anos de PICAA na Apple Store
0
Imaxe de 3 iPhone/iPod onde se mira a aplicación PICAA
Picaa: A Plataforma de Aprendizaxe Móbil
Hoxe 22 de maio cúmprense 2 años desde que Picaa esta disponible na App Store. Neste tempo a aplicación evolucionou moito, en gran medida gracias ao continuo asesoramento dos profesionais que a empregades: novas funcionalidades, version en galego, tipos de letra, creacion de sons e un longo etcétera
O equipo de desenvolvemento da Universidade de Granada e o seu creador Alvaro Fernández, queren comentarnos un par de cousas:
- En primeiro lugar, actualizaron o manual de uso da aplicación na web: www.picaa.es
Ademais da versión en PDF, inclue unha versión especial para a aplicación iBooks de iPad. - Tamén teñen a idea de habilitar a sección Comunidade (http://asistic.ugr.es/picaa/?page_id=24) para que usuarios de Picaa escribades entradas no blog, compartir as vosas experiencias coa ferramenta, publicar actividades en formato .pica e realizar comentarios.Se che interesa, deixa aqui un comentario co teu enderezo de correo para crearte unha conta de usuario e así podas escribir entradas do blog sempre que queiras, con total liberdade.
Picaa deseñouse para a creación de actividades didácticas adaptadas para alumnos con necesidades educativas especiais. Trátase dun proxecto do grupo de investigación GEDES da Universidade de Granada, creadores do sistema de comunicación aumentativa Sc@ut.
Actualmente incorpora 4 tipos de exercicios: Asociación, Exploración (Comunicadores), Puzzle e Ordenación.
O sistema deseñouse para atender á diversidade funcional de usuarios con necesidades especiais, principalmente nos niveis: cognitivo, visual e auditivo.
A aplicación é gratuita, e cunha axeitada aplicacion nos centros e fogares.
Aplicacións iPad
0
Imaxe de dous ipads un diante do outro onde podemos apreciar o de cor negra en primeiro plano e o branco tras iste.
Pero nos últimos anos foron aparecendo novos dispositivos táctiles (iPhone, iPod Touch, iPad ou outros baseados en Android) que nos proporcionan novas oportunidades. Esta tecnoloxía existe e pode estar á nosa disposición. En moitos fogares con nenas e nenos de curta idade estanse empezando a introducir, o que pode ser aproveitado coma unha axuda técnica invisible e socializadora. E debemos valorar tamén o feito de que a formación no manexo destas ferramentas soe estar presente no entorno familiar do neno, polo que é facilmente exportable e xeralizable.
Da man destes dispositivos, apareceron decenas de aplicacións, tamén basicamente en inglés, pero a uns prezos que poden oscilar entre 0 e menos de 50 €. Moitas delas tamén son gratuítas ou teñen unha versión gratuíta.
Do mesmo xeito hai xa milleiros de aplicacións educativas e de lecer non específicas para persoas con necesidades na súa aprendizaxe pero que igualmente poden sernos moi útiles.
Xa que globalmente a oferta é tan grande, presentámosvos unha pequena lista orientativa, referida exclusivamente ao emprego de galego e/ou castelán. Nela atoparedes o logo da aplicación, nome da aplicación
(facendo clic accedese á páxina web de iTunes correspondente) e prezos en euros.
Aportase a páxina web onde hai máis información sobre a aplicación proporcionada polo fabricante ou distribuidor. Tamén hai unha descrición breve da aplicación: non é un informe da mesma, senón unha frase que nos axude a definir a súa funcionalidade. Obviamente aquí entra en xogo a nosa propia creatividade e a nosa capacidade para proporcionar novos significados.