belenjunquera
(0 comentarios, 8 entradas)
Este usuario no ha compartido ninguna información de perfil
Entradas de belenjunquera
Os Bolechas en lectura fácil
0Grazas á colaboración da nosa compañeira Cuca, os Bolechas veñen de incorporar pictogramas á súa colección de libros; o obxectivo é facilitarlle o acceso á información escrita para os nenos e nenas con dificultades lectoras…

Os pictogramas aparecen ao final de cada páxina



Logotipo que indica a presenza de pictogramas de fácil lectura
Trátase dun recurso educativo infantil moi recomendable e divertido xa que resume a información que se recibe, mellora a atención e a motivación, apoia certas destrezas de expresión oral e escrita e axuda á comprensión lectora e a construír conceptos.
Neste caso trátase de pictogramas de fácil lectura, que aparecen ao final de cada páxina transmitindo a idea que nela se conta a través dunha composición moi simple de imaxes. Cada unha delas vai nun recadro de cor amarelo, verde ou azul, segundo a función gramatical do texto que se transmite. Así, o amarelo úsase para os nomes, o verde para os verbos e o azul para adxectivos e adverbios.
Indicado para nenos con dificultades
Este recurso está especialmente indicado para nenos con dificultades de comprensión ou de acceso á lectura, de aí a motivación para incluílo nos libros dos Bolechas, de xeito que as historias creadas por Pepe Carreiro cheguen eficazmente ao maior número de nenos e nenas posible.
Para saber mais:
http://www.osbolechas.com/
Curso PECS
0
Imaxe do logo de PECS, onde se perciben istas siglas e o seu significado en ingles: "The Picture Exchange Communication System" nun círculo de cor azul coas letras en blanco e amarelo.
Mediante PECS (Sistema de Comunicación por Intercambio de Imaxes) a persona con grandes dificultades no emprego da linguaxe expresiva aprende a comunicarse espontáneamente con símbolos de obxectos ou actividades desexadas.
Para comezar o acto comunicativo, a persona só ten que coller o símbolo do obxecto / actividade deseaxda e ofrecerlla ao interlocutor para que se produza o intercambio. Estas tarxetas arquívanse de xeito personalizado nun libro ou taboleiro, co cal o usuario de PECS comunicarase alá onde vaia.
Ligazóns
Saca unha foto con Xandre
0Tes unha webcam? Queres aparecer no noso album de fotos?
Saca unha foto co protagonista do noso conto, Xandre O Elefante sen Sombra, e a envías a xandre@tadega.net